1
00:00:06,040 --> 00:00:09,880
UNHA SERIE DE NETFLIX

2
00:00:39,800 --> 00:00:41,520
Nathan Byrne!

3
00:00:42,040 --> 00:00:44,240
- Somos do Consello!
- Nathan!

4
00:00:44,320 --> 00:00:47,880
Estás rodeado. Sae coas mans en alto.

5
00:01:04,040 --> 00:01:05,840
Es un bruxo Blood, Nathan.

6
00:01:05,920 --> 00:01:09,520
As leis do país prohíbenche
vivir en territorio británico.

7
00:01:10,120 --> 00:01:12,680
Que propoñedes, logo? Ídelo matar?

8
00:01:16,120 --> 00:01:17,040
Non.

9
00:01:18,240 --> 00:01:20,880
O poder da miña familia son as visións.

10
00:01:20,960 --> 00:01:24,680
A miña nai era profeta
e unha bruxa moito máis poderosa ca min.

11
00:01:24,760 --> 00:01:27,080
Escribiu algo na súa derradeira noite.

12
00:01:27,680 --> 00:01:29,600
A mesma en que ti naciches.

13
00:01:30,680 --> 00:01:32,920
"O seu sangue matará o lobo."

14
00:01:33,440 --> 00:01:35,080
Unha profecía.

15
00:01:36,720 --> 00:01:39,880
Así que non te vou executar, Nathan.

16
00:01:43,760 --> 00:01:45,680
Voute adestrar,

17
00:01:46,640 --> 00:01:49,360
porque creo que loitarás contra teu pai.

18
00:01:55,760 --> 00:01:57,040
E se me nego?

19
00:02:00,960 --> 00:02:03,360
É absurdo! Non podedes levalo.

20
00:02:03,440 --> 00:02:06,240
Só ten 16 anos,
o seu lugar está aquí comigo.

21
00:02:06,320 --> 00:02:08,160
Tranquila, avoa. Volverei.

22
00:02:08,240 --> 00:02:09,520
Dirasllo a Annalise?

23
00:02:09,600 --> 00:02:12,600
Ambos sabemos
que é mellor deixala á marxe.

24
00:02:12,680 --> 00:02:14,080
Ben, vamos.

25
00:02:15,120 --> 00:02:16,160
Ponde os seguros.

26
00:02:30,240 --> 00:02:32,000
Adéstrannos para matar Blood,

27
00:02:32,680 --> 00:02:33,720
pero a ti…

28
00:02:35,080 --> 00:02:38,000
Queren que te manteñamos a salvo no norte.

29
00:02:38,960 --> 00:02:40,000
E iso faremos.

30
00:02:41,640 --> 00:02:42,600
Despois disto.

31
00:02:43,680 --> 00:02:45,560
- Aquí.
- Vamos.

32
00:02:53,320 --> 00:02:56,560
Xa pillaremos o teu pai,
por agora bástanos con isto.

33
00:03:02,680 --> 00:03:03,920
Vamos, ho!

34
00:03:12,800 --> 00:03:13,960
Válenos contigo.

35
00:03:32,320 --> 00:03:33,520
Condenado Blood.

36
00:05:10,000 --> 00:05:12,600
Hai contrasinal do wifi ou algo?

37
00:05:13,360 --> 00:05:14,200
Non.

38
00:05:16,760 --> 00:05:17,800
Fu!

39
00:05:19,520 --> 00:05:21,520
Cheira que alcatrea.

40
00:05:27,000 --> 00:05:28,680
Que facemos aquí?

41
00:05:28,760 --> 00:05:31,320
Voute adestrar
para loitares contra teu pai.

42
00:05:32,440 --> 00:05:36,080
Coido que, se algún día o atopas,

43
00:05:36,840 --> 00:05:39,920
adestrarte non te vai salvar,
mais son as miñas ordes

44
00:05:40,000 --> 00:05:41,760
e é o que vou facer,

45
00:05:42,240 --> 00:05:45,280
e ti vas obedecer, porque se non o fas,

46
00:05:46,000 --> 00:05:49,320
serás outro bruxo Blood
nunha terra que non te quere.

47
00:05:49,920 --> 00:05:51,440
Non son un Blood.

48
00:05:52,360 --> 00:05:53,640
Non son tal, hostia.

49
00:05:53,720 --> 00:05:55,640
Que es, logo?

50
00:05:59,280 --> 00:06:00,280
Non sei.

51
00:06:02,760 --> 00:06:05,520
Pois ímolo descubrir.

52
00:06:09,160 --> 00:06:10,280
E o meu cuarto?

53
00:06:13,160 --> 00:06:15,720
- É broma?
- A casa non dá para os dous.

54
00:06:15,800 --> 00:06:17,040
Normal, es enorme.

55
00:06:17,120 --> 00:06:19,000
Isto non é un paseo en barca.

56
00:06:19,080 --> 00:06:21,320
Nunca fun en barca.

57
00:06:21,400 --> 00:06:23,040
Non sabes o que perdes.

58
00:06:23,120 --> 00:06:25,720
Deixa as cousas, o adestramento comeza xa.

59
00:06:30,480 --> 00:06:33,000
Faltan dez meses para obteres o teu poder.

60
00:06:33,080 --> 00:06:36,520
Até entón, tes a mente e o corpo,

61
00:06:37,200 --> 00:06:39,600
e podemos facer armas de ambos.

62
00:06:39,680 --> 00:06:40,840
Xa sei loitar.

63
00:06:40,920 --> 00:06:42,040
Como che foi antes?

64
00:06:42,120 --> 00:06:43,680
Non é xusto, eran moitos.

65
00:06:43,760 --> 00:06:46,400
Só gañas pelexas xustas?
Non serve de moito.

66
00:06:46,480 --> 00:06:48,480
Ninguén pode contra oito.

67
00:06:48,560 --> 00:06:51,760
Ninguén sobreviviu
a unha pelexa con teu pai.

68
00:06:51,840 --> 00:06:54,880
A nosa misión aquí
é facer posible o imposible.

69
00:06:56,800 --> 00:07:00,640
Pois se podes aprenderme
a dar unha malleira a oito de vós,

70
00:07:01,120 --> 00:07:02,080
son todo oídos.

71
00:07:02,160 --> 00:07:04,760
Por agora, imos ver que tal contra un, si?

72
00:07:16,000 --> 00:07:17,360
Unha técnica pésima.

73
00:07:17,440 --> 00:07:18,480
Merda.

74
00:07:22,040 --> 00:07:23,920
Mente e corpo, Nathan Byrne.

75
00:07:25,880 --> 00:07:26,840
Mente e corpo.

76
00:07:32,520 --> 00:07:34,080
Como vai o adestramento?

77
00:07:34,760 --> 00:07:36,440
Kieran cóidate?

78
00:07:36,520 --> 00:07:38,840
Abofé, pórtase ben comigo.

79
00:07:40,360 --> 00:07:42,880
É un programa duro. Fannos traballar.

80
00:07:42,960 --> 00:07:44,200
Iso facemos.

81
00:07:46,000 --> 00:07:48,080
Como te tratan os demais cadetes?

82
00:07:50,080 --> 00:07:51,760
Houbo algúns comentarios.

83
00:07:53,600 --> 00:07:55,440
A miña relación con Nathan e…

84
00:07:55,520 --> 00:07:56,680
E Marcus.

85
00:07:59,840 --> 00:08:00,680
Si.

86
00:08:00,760 --> 00:08:02,280
Non podes evitalo.

87
00:08:02,360 --> 00:08:04,200
Non, pero é un lastre.

88
00:08:04,280 --> 00:08:07,360
Cada un carga co seu.

89
00:08:07,440 --> 00:08:08,760
Isto é distinto.

90
00:08:16,360 --> 00:08:20,440
Eu fun un dos artífices
das negociacións de paz.

91
00:08:21,200 --> 00:08:24,520
Talvez oíches falar delas
polo seu nome máis común,

92
00:08:24,600 --> 00:08:26,160
a Masacre da Paz.

93
00:08:27,320 --> 00:08:31,120
A negociación dunha tregua
cos Blood xerou moito escepticismo.

94
00:08:31,200 --> 00:08:34,040
Eu pensaba que podiamos
acadar algo incrible.

95
00:08:35,960 --> 00:08:38,320
Que podiamos cambiar o mundo.

96
00:08:39,200 --> 00:08:41,880
Pero Marcus Edge tiña outros plans.

97
00:08:43,800 --> 00:08:45,760
Non o pensara así. Síntoo.

98
00:08:45,840 --> 00:08:49,120
Por moito que faga e consiga,

99
00:08:50,400 --> 00:08:54,360
sempre serei o home
que meteu o lobo na casa.

100
00:08:55,680 --> 00:08:59,400
Ti es cadete da rama armada
do Consello Fairborn.

101
00:08:59,480 --> 00:09:01,960
Se o teu pasado é un lastre,

102
00:09:03,000 --> 00:09:04,120
sóltao.

103
00:09:05,600 --> 00:09:10,400
É o teu momento
de definires quen es realmente.

104
00:09:19,280 --> 00:09:20,960
Quieto, Nuno!

105
00:09:21,440 --> 00:09:24,200
O adestramento de combate
é para mellorarmos,

106
00:09:24,280 --> 00:09:26,000
non para eivar compañeiros.

107
00:09:26,080 --> 00:09:27,320
Outra vez.

108
00:09:33,760 --> 00:09:36,440
A sombra do lobo
espállase por toda Europa.

109
00:09:36,920 --> 00:09:41,640
Sodes a primeira liña de defensa
da comunidade Fairborn.

110
00:09:41,720 --> 00:09:45,120
Tedes que coñecer o voso inimigo.

111
00:09:45,800 --> 00:09:48,800
Os Blood curan
dez veces máis rápido ca nós.

112
00:09:48,880 --> 00:09:50,880
Usamos balas de nove milímetros

113
00:09:50,960 --> 00:09:53,200
impregnadas nunha poción

114
00:09:53,280 --> 00:09:56,480
para esquivar a capacidade
de recuperación natural.

115
00:09:56,560 --> 00:09:58,640
Quen ten como poder o Elixir?

116
00:09:59,120 --> 00:10:02,400
Pois saberedes mellor
que carallo levan estas cousas.

117
00:10:03,160 --> 00:10:04,960
O que si vos podo dicir

118
00:10:05,040 --> 00:10:07,760
é que se lle dades a un, vaise decatar.

119
00:10:07,840 --> 00:10:09,600
Non son superhumanos.

120
00:10:09,680 --> 00:10:11,400
Temos matado moitos.

121
00:10:11,480 --> 00:10:13,400
E mataremos moitos máis.

122
00:10:15,320 --> 00:10:16,720
Balas máxicas.

123
00:10:17,200 --> 00:10:19,000
Ninguén lles chama así.

124
00:10:50,000 --> 00:10:53,360
Arre demo, ho. Iso doe.

125
00:10:57,200 --> 00:11:00,160
Hai un circuíto natural,
de oito quilómetros,

126
00:11:00,640 --> 00:11:01,800
seguindo o camiño.

127
00:11:01,880 --> 00:11:03,560
Vou cronometrar.

128
00:11:51,360 --> 00:11:53,240
Non moi rápido.

129
00:11:56,800 --> 00:11:58,320
- Outra vez.
- Que?

130
00:12:04,720 --> 00:12:05,640
Veña.

131
00:12:20,240 --> 00:12:21,320
Nathan!

132
00:13:01,360 --> 00:13:03,560
<i>Non sei por que non te deixan en paz.</i>

133
00:13:04,680 --> 00:13:06,080
E se teñen razón?

134
00:13:07,120 --> 00:13:08,280
E se son un…

135
00:13:09,880 --> 00:13:11,400
bruxo Blood de merda?

136
00:13:12,000 --> 00:13:15,320
Nathan. Pode que sexas Blood.

137
00:13:16,200 --> 00:13:17,560
Ou pode que non.

138
00:13:18,760 --> 00:13:20,520
Pero non es teu pai.

139
00:13:21,160 --> 00:13:23,560
Cando teu irmán tentaba provocarme, eu…

140
00:13:25,360 --> 00:13:26,800
quería mancalo.

141
00:13:27,600 --> 00:13:30,160
Facerlle moito dano.

142
00:13:32,000 --> 00:13:33,040
Xa.

143
00:13:34,080 --> 00:13:35,120
É…

144
00:13:35,680 --> 00:13:37,960
É o que pasa cando te provocan.

145
00:13:38,040 --> 00:13:40,680
Saíches algunha vez un venres pola noite?

146
00:13:42,000 --> 00:13:45,400
Sentirse cego de ira
non é algo exclusivo dos Blood.

147
00:13:46,040 --> 00:13:47,960
Nin do teu pai

148
00:13:49,160 --> 00:13:51,000
nin de ti.

149
00:13:52,480 --> 00:13:56,440
Deixa de compadecerte de ti mesmo.

150
00:13:56,960 --> 00:13:59,120
É a túa calidade menos atractiva.

151
00:14:00,320 --> 00:14:02,480
Achas que teño calidades atractivas?

152
00:14:03,480 --> 00:14:04,640
Cala a boca.

153
00:14:30,080 --> 00:14:31,000
Sra. Byrne.

154
00:14:32,400 --> 00:14:34,720
- Buscaba a Nathan…
- Marchou, corazón.

155
00:14:36,040 --> 00:14:36,920
A onde?

156
00:14:37,000 --> 00:14:38,920
Non é cousa túa.

157
00:14:40,480 --> 00:14:41,480
Si que é…

158
00:14:41,560 --> 00:14:43,760
Es unha moza lista, Annalise.

159
00:14:44,240 --> 00:14:45,680
Non volvas por aquí.

160
00:14:46,480 --> 00:14:48,160
Sigue coa túa vida.

161
00:15:07,480 --> 00:15:08,360
Veña.

162
00:15:11,240 --> 00:15:12,360
Respira.

163
00:15:14,920 --> 00:15:16,160
Céntrate.

164
00:15:18,320 --> 00:15:19,520
Céntrate.

165
00:15:19,600 --> 00:15:21,320
Non me apuntes coa pistola.

166
00:15:38,920 --> 00:15:41,840
Que respires, hostia. Por favor.

167
00:15:48,360 --> 00:15:51,240
Jessica. Necesitas mellorar.

168
00:16:01,080 --> 00:16:04,080
Unhas semanas máis e igual atinas.

169
00:16:04,920 --> 00:16:06,840
Espero que non marchemos antes.

170
00:16:06,920 --> 00:16:09,080
Atinei moitas veces.

171
00:16:09,160 --> 00:16:11,000
Somos o mellor do mellor,

172
00:16:11,080 --> 00:16:13,080
así que moitas veces non é abondo.

173
00:16:13,760 --> 00:16:16,280
O teu padrasto non che aprendeu a matar?

174
00:16:17,360 --> 00:16:18,440
Non o coñecín.

175
00:16:18,520 --> 00:16:20,800
Xa, eras moi noviña.

176
00:16:21,280 --> 00:16:23,000
Non te lembrarás.

177
00:16:23,760 --> 00:16:27,200
Igual te metía na cama
antes de deitarse con túa nai.

178
00:16:28,800 --> 00:16:30,520
Non mudabas de forma?

179
00:16:30,600 --> 00:16:34,120
Por que non mudas en alguén
que non sexa unha puta traidora?

180
00:16:42,160 --> 00:16:44,400
Vai rañala.

181
00:16:45,080 --> 00:16:46,120
Que?

182
00:16:46,720 --> 00:16:48,560
Agora parézoche unha traidora?

183
00:16:49,600 --> 00:16:50,440
Basta.

184
00:16:50,520 --> 00:16:52,040
Que non che dea vergonza.

185
00:16:53,080 --> 00:16:54,920
Estás moi ben.

186
00:16:55,680 --> 00:16:58,520
O teu mozo estará encantado. Non crerá…

187
00:16:58,600 --> 00:16:59,840
A súa sorte.

188
00:17:00,560 --> 00:17:03,320
É demasiado para el.

189
00:17:06,280 --> 00:17:08,000
Normal que esteas frustrado.

190
00:17:08,080 --> 00:17:08,960
Para xa.

191
00:17:09,040 --> 00:17:12,480
Agora cando esteades a soas,
sempre che quedará a dúbida.

192
00:17:12,560 --> 00:17:14,240
E se non é el?

193
00:17:14,320 --> 00:17:16,360
E se de súpeto…

194
00:17:18,200 --> 00:17:19,080
cambia?

195
00:17:19,160 --> 00:17:20,160
Mi madriña.

196
00:17:23,240 --> 00:17:25,440
Falamos de complexos paternos?

197
00:17:27,000 --> 00:17:28,280
Conta comigo.

198
00:17:28,360 --> 00:17:29,800
Estás enferma.

199
00:17:30,720 --> 00:17:34,200
Pásache algo serio, volve mudar.

200
00:17:45,680 --> 00:17:47,720
Atinei veces abondas.

201
00:17:50,160 --> 00:17:51,840
E atinarei moitas máis.

202
00:18:06,240 --> 00:18:07,360
Está aberto.

203
00:18:13,360 --> 00:18:17,840
Só quería asegurarme de que estás ben.

204
00:18:18,440 --> 00:18:19,880
Estou.

205
00:18:22,280 --> 00:18:26,000
O tema de Hazel…

206
00:18:26,080 --> 00:18:28,520
Estaba… moi desgustada.

207
00:18:29,560 --> 00:18:30,400
E?

208
00:18:31,240 --> 00:18:34,280
Igual poderías acalmar a situación,

209
00:18:34,360 --> 00:18:35,840
polo ben do equipo?

210
00:18:36,520 --> 00:18:40,240
A porta está aberta.
Pode vir desculparse cando queira.

211
00:18:40,320 --> 00:18:42,240
Sei que Hazel pode ser difícil,

212
00:18:42,320 --> 00:18:44,080
- pero o traballo…
- Kieran.

213
00:18:45,160 --> 00:18:48,680
Teu pai é un membro respectado
da comunidade Fairborn.

214
00:18:49,680 --> 00:18:52,920
O teu tío é director
do grupo de traballo do Consello.

215
00:18:53,000 --> 00:18:55,320
Todo son privilexios e facilidades.

216
00:18:55,400 --> 00:18:57,200
Deixei o pelello para entrar.

217
00:18:58,800 --> 00:19:01,120
Ti pasaches unha proba física.

218
00:19:02,400 --> 00:19:03,960
Eu deixei o pelello.

219
00:19:05,880 --> 00:19:07,280
Meu pai morreu.

220
00:19:08,880 --> 00:19:12,720
E o meu nome quedou manchado
pola miña relación cun monstro.

221
00:19:12,800 --> 00:19:15,000
Se os deixo, usarano para destruírme.

222
00:19:15,080 --> 00:19:16,760
Sempre o fixeron.

223
00:19:18,640 --> 00:19:22,760
Que veña desculparse
e igual o deixo correr.

224
00:19:26,120 --> 00:19:28,240
Non amoso debilidade, Kieran.

225
00:19:30,760 --> 00:19:32,760
Non todos nacemos con tanta sorte.

226
00:19:34,680 --> 00:19:37,640
Está ben, só quería asegurarme de que…

227
00:19:38,520 --> 00:19:40,680
estabas ben, pero xa marcho.

228
00:19:40,760 --> 00:19:43,840
Non tes que marchar
só porque che repliquei.

229
00:19:46,080 --> 00:19:47,280
Podes quedar.

230
00:19:48,520 --> 00:19:49,480
Se queres.

231
00:20:18,080 --> 00:20:19,680
Quero chamar a alguén.

232
00:20:21,720 --> 00:20:22,560
A quen?

233
00:20:24,160 --> 00:20:25,400
A Annalise.

234
00:20:27,640 --> 00:20:29,480
Aquí non che hai cobertura.

235
00:20:31,360 --> 00:20:34,360
Por que non fas un debuxiño?

236
00:20:39,320 --> 00:20:41,280
- Devólvemo.
- Non.

237
00:20:43,120 --> 00:20:44,920
Sabes que? Vai cagar.

238
00:20:45,000 --> 00:20:47,840
Á merda o teu guiso,
esta casa e o adestramento!

239
00:20:47,920 --> 00:20:49,920
Quero marchar para a casa.

240
00:20:54,840 --> 00:20:56,080
Moi ben.

241
00:20:57,360 --> 00:20:58,760
Marcha.

242
00:21:01,760 --> 00:21:04,160
Só tes que coller este libro.

243
00:21:11,320 --> 00:21:13,080
Merda!

244
00:21:21,480 --> 00:21:22,960
Limpa a desfeita.

245
00:21:23,840 --> 00:21:25,120
<i>Corres polo circuíto.</i>

246
00:21:37,360 --> 00:21:38,640
Volve correlo.

247
00:21:42,000 --> 00:21:44,400
Outra vez.

248
00:22:11,600 --> 00:22:12,960
<i>Es Nathan Byrne.</i>

249
00:22:13,640 --> 00:22:15,280
<i>Non debería falar contigo.</i>

250
00:22:16,320 --> 00:22:17,600
pero pareces normal…

251
00:22:19,200 --> 00:22:20,240
ao fin e ao cabo.

252
00:22:56,480 --> 00:22:58,160
Es idéntico a el.

253
00:23:05,520 --> 00:23:06,640
Bjorn, que pasa?

254
00:23:06,720 --> 00:23:09,280
Unha chamada de socorro
dun membro de Gales.

255
00:23:09,360 --> 00:23:12,000
Cremos que son Blood. Podería ser Marcus.

256
00:23:12,080 --> 00:23:14,480
- Non temos xente en Gales?
- Temos.

257
00:23:14,560 --> 00:23:15,840
E por que imos nós?

258
00:23:15,920 --> 00:23:19,360
Porque os nosos foron pescudar
e agora non os atopamos.

259
00:23:19,440 --> 00:23:21,520
- E se os chamamos?
- Monta.

260
00:23:21,600 --> 00:23:23,320
En marcha!

261
00:23:23,400 --> 00:23:25,000
Vamos, marchamos!

262
00:23:53,640 --> 00:23:55,680
<i>En posición até próximo aviso.</i>

263
00:23:55,760 --> 00:23:56,600
De acordo.

264
00:23:59,760 --> 00:24:02,400
<i>Axiña, aos vosos postos.</i>

265
00:24:08,840 --> 00:24:10,200
Esperade.

266
00:24:13,280 --> 00:24:15,280
Vamos.

267
00:24:43,960 --> 00:24:46,680
Axuda! Socorro!

268
00:24:49,160 --> 00:24:50,520
Non a toquedes.

269
00:24:55,960 --> 00:24:57,280
Mi madriña.

270
00:25:07,000 --> 00:25:11,320
Os maleficios de asfixia
actúan rápido, andan preto.

271
00:25:15,880 --> 00:25:16,920
Espera!

272
00:25:30,120 --> 00:25:32,080
Carallo.

273
00:25:32,560 --> 00:25:34,600
Seica atopamos o primeiro equipo.

274
00:25:38,600 --> 00:25:41,720
Aquí o xefe do equipo,
pido unidades de reforzo.

275
00:25:42,280 --> 00:25:44,240
Que veñan tamén os da limpeza.

276
00:25:44,320 --> 00:25:45,480
E os corpos?

277
00:25:45,560 --> 00:25:47,400
Vanlle prender lume á casa.

278
00:25:47,480 --> 00:25:51,320
Ou pódeslles explicar aos fains
dez corpos e unha muller sen boca.

279
00:25:51,800 --> 00:25:53,040
Detectaches algo?

280
00:26:37,520 --> 00:26:38,680
Foron por aquí.

281
00:26:38,760 --> 00:26:42,600
Annalise, no día do teu 17 aniversario,

282
00:26:42,680 --> 00:26:44,720
douche o teu primeiro agasallo.

283
00:26:44,800 --> 00:26:45,680
Grazas.

284
00:26:51,480 --> 00:26:53,600
Douche o segundo.

285
00:26:57,320 --> 00:26:59,200
Douche o terceiro.

286
00:26:59,280 --> 00:27:01,040
Era de meu pai.

287
00:27:02,040 --> 00:27:03,120
Despois foi meu.

288
00:27:03,200 --> 00:27:04,520
E agora é teu.

289
00:27:05,720 --> 00:27:07,600
Para o teu irmán é de eBay.

290
00:27:08,200 --> 00:27:09,440
Grazas, é precioso.

291
00:27:09,520 --> 00:27:10,440
Moi ben.

292
00:27:12,280 --> 00:27:13,240
Lista?

293
00:27:25,960 --> 00:27:26,840
E agora…

294
00:27:27,600 --> 00:27:29,840
Levas o sangue da familia nas veas.

295
00:27:30,320 --> 00:27:33,080
Bébeo e fica completa.

296
00:27:37,080 --> 00:27:40,200
- Ben feito.
- Grazas, papá.

297
00:27:44,480 --> 00:27:48,160
Cando a miña cerimonia de Entrega,
teu pai púxose tan celoso

298
00:27:48,240 --> 00:27:52,240
que intentou cortar o dedo el soíño.

299
00:27:52,320 --> 00:27:55,480
Xa enviamos a todo o mundo de reforzo.

300
00:27:55,560 --> 00:27:58,920
Como deron acabado cun equipo enteiro?

301
00:28:03,320 --> 00:28:05,240
Todo un equipo de Cazadores.

302
00:28:05,320 --> 00:28:06,160
Non sei.

303
00:28:06,240 --> 00:28:07,280
Ían con el?

304
00:28:08,120 --> 00:28:09,120
Marcus?

305
00:28:10,760 --> 00:28:11,880
Non é probable.

306
00:28:12,880 --> 00:28:14,920
Non é que ela fose unha dos…

307
00:28:15,000 --> 00:28:16,880
Non é que fose dos Dez.

308
00:28:19,760 --> 00:28:21,400
Deberían ser os Doce.

309
00:28:22,080 --> 00:28:25,160
Pasou vinte anos a cazar
os dez que deron a orde.

310
00:28:25,240 --> 00:28:27,080
Que fará cando saiba

311
00:28:27,160 --> 00:28:29,760
que fomos nós os dous os que a executamos?

312
00:28:29,840 --> 00:28:30,800
Estades a salvo.

313
00:28:31,840 --> 00:28:34,160
Levarei as vosas identidades á tumba.

314
00:28:34,800 --> 00:28:35,960
Cando chegue o día.

315
00:28:39,480 --> 00:28:43,560
De todos xeitos,
dubido que el estivese alá.

316
00:28:44,240 --> 00:28:46,600
Para comezar, o corazón seguía no peito.

317
00:28:46,680 --> 00:28:49,960
Normalmente, é o que o delata.

318
00:28:50,440 --> 00:28:53,360
Papá, a mamá quere cortar a torta.

319
00:28:53,440 --> 00:28:55,360
Ai, claro.

320
00:28:55,440 --> 00:28:57,480
Unha cerimonia preciosa, Annalise.

321
00:28:58,000 --> 00:29:01,920
Soul, tes unha filla encantadora.

322
00:29:39,320 --> 00:29:41,720
Que sentido ten? Nunca vou poder con el,

323
00:29:41,800 --> 00:29:43,360
así que que sentido ten?

324
00:29:45,400 --> 00:29:47,560
Hai un mes non dabas feito iso.

325
00:29:49,640 --> 00:29:52,680
Imaxina o que farás dentro dun mes.

326
00:30:00,320 --> 00:30:01,480
<i>Ola, Beef.</i>

327
00:30:02,040 --> 00:30:03,720
<i>É o día da Entrega.</i>

328
00:30:04,520 --> 00:30:06,240
Que poder cres que terei?

329
00:30:09,760 --> 00:30:12,080
Igual podo facer que os animais falen.

330
00:30:20,640 --> 00:30:22,880
Fala.

331
00:30:25,400 --> 00:30:26,640
Pois vale,

332
00:30:27,560 --> 00:30:28,720
ti sigue así.

333
00:30:29,760 --> 00:30:32,000
Forte e tranquilo.

334
00:30:38,160 --> 00:30:39,840
Pensei que me escribiría.

335
00:30:41,840 --> 00:30:43,520
Polo meu aniversario.

336
00:30:44,840 --> 00:30:46,320
Non custaba tanto, non?

337
00:30:47,720 --> 00:30:52,040
Unha cartiña para dicir ola.

338
00:30:55,320 --> 00:30:56,760
"Sigo vivo."

339
00:30:59,200 --> 00:31:00,560
Fala.

340
00:31:03,120 --> 00:31:06,200
Xa, non o vas facer.

341
00:31:08,360 --> 00:31:09,600
Vémonos, socio.

342
00:31:22,840 --> 00:31:24,560
Annalise, tócache.

343
00:31:32,240 --> 00:31:33,920
Vaites! Un!

344
00:31:35,000 --> 00:31:36,600
Ei, téñoche algo.

345
00:31:37,360 --> 00:31:38,960
É un cadeliño.

346
00:31:39,680 --> 00:31:40,760
Vale.

347
00:31:41,680 --> 00:31:43,240
Espero que siga vivo.

348
00:31:43,320 --> 00:31:47,120
Podíaslle pór uns buracos
para que respirase ou algo.

349
00:31:48,080 --> 00:31:50,840
- Porque sempre…
- Sempre escachizo o móbil.

350
00:31:54,400 --> 00:31:55,760
Estás aquí.

351
00:31:55,840 --> 00:31:58,720
Era para asegurarme
de que te lembrabas de min.

352
00:32:00,160 --> 00:32:01,320
Grazas.

353
00:32:02,160 --> 00:32:03,000
En serio.

354
00:32:03,680 --> 00:32:05,840
A túa beleza derriba a calquera.

355
00:32:07,000 --> 00:32:08,560
É un chiste de birlos.

356
00:32:10,080 --> 00:32:11,160
Grazas.

357
00:32:11,640 --> 00:32:14,040
Ti tes unhas boas bólas.

358
00:32:15,760 --> 00:32:19,400
Tamén era un chiste de birlos,
non se me ocorreu nada mellor.

359
00:32:19,480 --> 00:32:20,920
- Vou…
- Que noxo.

360
00:32:42,040 --> 00:32:45,000
Paseino xenial, os birlos dánseche fatal.

361
00:32:45,080 --> 00:32:48,200
Cala a boca, nunca o fixera sen…

362
00:32:48,280 --> 00:32:51,000
Ai, como lles chaman
ás salchichas dos lados?

363
00:32:51,080 --> 00:32:52,680
Barras laterais.

364
00:32:52,760 --> 00:32:56,440
Nós, os profesionais,
chamámoslles salchichas, pero vale.

365
00:32:56,520 --> 00:32:58,440
Estaba a pensar…

366
00:32:59,440 --> 00:33:03,160
no que pasou a última vez
que fomos neste coche.

367
00:33:04,320 --> 00:33:07,480
Si, lémbrome.

368
00:33:07,560 --> 00:33:08,960
Foi divertido.

369
00:33:09,040 --> 00:33:11,200
Deberiamos repetilo.

370
00:33:11,280 --> 00:33:13,440
Si, estivo ben.

371
00:33:15,760 --> 00:33:16,600
Pero?

372
00:33:19,160 --> 00:33:21,120
Non sei…

373
00:33:22,080 --> 00:33:25,640
Agora mesmo, non sei o que quero.

374
00:33:28,320 --> 00:33:31,600
Pois non o parecía cando estabamos xuntos.

375
00:33:32,720 --> 00:33:33,720
Pois perdoa.

376
00:33:43,400 --> 00:33:44,240
David.

377
00:33:49,320 --> 00:33:52,080
David!

378
00:33:57,160 --> 00:33:58,480
Que fas?

379
00:34:00,440 --> 00:34:01,720
Fai que pare!

380
00:34:22,920 --> 00:34:24,080
Acaba aquí.

381
00:34:25,680 --> 00:34:27,080
Catro equipos en cerco.

382
00:34:27,160 --> 00:34:29,960
O primeiro con Jessica.
O terceiro con Kieran.

383
00:34:30,040 --> 00:34:33,600
O cuarto con Flo. O segundo comigo.

384
00:34:34,600 --> 00:34:36,040
Que non escape ninguén.

385
00:34:37,840 --> 00:34:40,000
Vamos, adiante.

386
00:35:59,360 --> 00:36:00,960
Cheguei demasiado tarde.

387
00:36:14,760 --> 00:36:16,040
Annalise.

388
00:36:17,800 --> 00:36:19,440
Ai, a cabeza.

389
00:36:20,960 --> 00:36:22,520
Tiveches un accidente.

390
00:36:24,040 --> 00:36:24,880
E David?

391
00:36:24,960 --> 00:36:26,280
Ao final do corredor.

392
00:36:26,760 --> 00:36:28,240
Ten feridas de gravidade.

393
00:36:28,320 --> 00:36:29,520
Vaise pór ben?

394
00:36:29,600 --> 00:36:31,120
Vaise pór ben.

395
00:36:31,760 --> 00:36:33,920
Lembras o que aconteceu?

396
00:36:34,840 --> 00:36:36,240
Fai que pare!

397
00:36:37,480 --> 00:36:38,720
Non.

398
00:36:38,800 --> 00:36:41,880
O importante é que esteas ben.

399
00:36:42,640 --> 00:36:44,440
Desculpa, vou marchar.

400
00:36:44,520 --> 00:36:46,560
Despois volvo con revistas

401
00:36:46,640 --> 00:36:49,160
e eses chocolates malos que che gustan.

402
00:36:51,360 --> 00:36:52,520
Véxote despois.

403
00:36:54,680 --> 00:36:55,800
Señor, cazámolos.

404
00:36:55,880 --> 00:36:57,920
Excelente, bo traballo.

405
00:36:58,400 --> 00:37:02,000
<i>Temo que houbo baixas.</i>
<i>Unha das novas recrutas.</i>

406
00:37:02,640 --> 00:37:03,560
Non é Jessica.

407
00:37:04,520 --> 00:37:07,200
Non, a cadete Hazel Clark.

408
00:37:07,280 --> 00:37:12,000
Agora voume reunir con Reutger
para darlle as boas novas en persoa.

409
00:37:12,480 --> 00:37:13,760
Bo traballo.

410
00:38:37,840 --> 00:38:38,880
Aoife.

411
00:38:38,960 --> 00:38:40,240
Vin en canto…

412
00:38:42,360 --> 00:38:43,360
É Marcus.

413
00:38:44,160 --> 00:38:45,360
E os gardas?

414
00:38:46,440 --> 00:38:48,720
Atopamos anacos deles no xardín.

415
00:38:49,240 --> 00:38:50,880
Había insurxentes en Gales.

416
00:38:50,960 --> 00:38:53,640
Enviamos alí case todas as tropas locais.

417
00:38:53,720 --> 00:38:57,160
- Cres que foi unha distracción?
- Se o foi, funcionou.

418
00:38:58,200 --> 00:38:59,600
A última dos Dez.

419
00:39:01,240 --> 00:39:02,480
Estamos a salvo?

420
00:39:06,480 --> 00:39:08,400
Ten sete dedos rotos.

421
00:39:08,480 --> 00:39:09,520
Que significa?

422
00:39:09,600 --> 00:39:12,120
É o que aguantou até renderse.

423
00:39:12,200 --> 00:39:14,640
- Se o sabe, debemos fuxir.
- Non.

424
00:39:14,720 --> 00:39:17,360
O meu poder é intelectual.
O teu, as plantas.

425
00:39:17,440 --> 00:39:20,440
Se ela non se salvou,
que posibilidades temos nós?

426
00:39:24,200 --> 00:39:28,040
Non estamos tan indefensos como pensas.

427
00:39:31,680 --> 00:39:32,760
Hai xeitos.

428
00:39:35,040 --> 00:39:36,040
Que xeitos?

429
00:39:39,200 --> 00:39:41,880
Non, é… Perdoa, ti deberías marchar.

430
00:39:42,880 --> 00:39:44,720
Xa non é seguro para ti.

431
00:39:46,800 --> 00:39:49,120
Un erro e pagámolo toda a vida.

432
00:39:49,200 --> 00:39:50,560
Seguiamos ordes.

433
00:39:50,640 --> 00:39:52,400
Pois agora séguennos a nós.

434
00:40:04,120 --> 00:40:06,600
"O seu sangue matará o lobo."

435
00:40:08,440 --> 00:40:09,560
O mozo.

436
00:40:10,480 --> 00:40:13,120
Se Marcus descubriu a profecía,

437
00:40:15,160 --> 00:40:16,800
tamén irá por el.

438
00:40:39,000 --> 00:40:40,120
Que pasa?

439
00:40:40,200 --> 00:40:42,040
Reutger Sillwood está morta.

440
00:40:42,120 --> 00:40:45,080
- Foi teu pai.
- Que fan aquí, logo?

441
00:40:45,160 --> 00:40:47,440
Temos ordes de darche máis protección.

442
00:40:47,520 --> 00:40:51,360
Temen que teu pai pense
que es un perigo para el.

443
00:40:52,200 --> 00:40:54,080
Igual vén buscarte.

444
00:40:55,160 --> 00:40:57,000
Como vai o adestramento, rula?

445
00:40:57,080 --> 00:40:58,680
Ben, queres unha pelexa?

446
00:41:01,840 --> 00:41:03,160
Claro que si.

447
00:41:12,360 --> 00:41:14,840
Que sexa tan doado mallarte déixame mal.

448
00:41:14,920 --> 00:41:17,040
Igual deberías adestrarme mellor.

449
00:41:22,560 --> 00:41:24,560
De verdade cres que vén meu pai?

450
00:41:24,640 --> 00:41:27,000
Nin zosca do que fai teu pai.

451
00:41:27,480 --> 00:41:28,880
Igual vén rescatarme.

452
00:41:28,960 --> 00:41:31,080
Non viría rescatarte.

453
00:41:34,880 --> 00:41:36,520
Unha receita nova?

454
00:41:36,600 --> 00:41:38,000
Pasei o tempo con ela.

455
00:41:38,080 --> 00:41:41,200
Pensei que pasabas o tempo
batendo en min. Cubertos?

456
00:41:41,680 --> 00:41:44,640
Iso é polo día,
pola noite non teño que facer.

457
00:41:44,720 --> 00:41:45,640
Proba a durmir.

458
00:41:45,720 --> 00:41:46,560
Non durmo.

459
00:41:46,640 --> 00:41:47,480
E logo?

460
00:41:48,120 --> 00:41:49,240
Pesadelos.

461
00:41:50,800 --> 00:41:54,160
Poderías escoitar
cantos de balea ou algo así.

462
00:41:54,640 --> 00:41:56,200
Grazas polo consello.

463
00:42:04,240 --> 00:42:05,920
Dixeches que era igual a el.

464
00:42:07,800 --> 00:42:08,800
O que?

465
00:42:11,200 --> 00:42:12,240
O meu pai.

466
00:42:14,120 --> 00:42:16,280
Dixeches que era idéntico a el.

467
00:42:17,320 --> 00:42:18,960
Iso é que o viches.

468
00:42:24,560 --> 00:42:25,680
Eu tiña 11 anos.

469
00:42:26,280 --> 00:42:29,040
Meus pais traballaban
para o Consello Fairborn.

470
00:42:30,840 --> 00:42:33,160
Convocáronos a unha reunión importante.

471
00:42:34,600 --> 00:42:36,000
Para negociar a paz.

472
00:42:37,280 --> 00:42:38,680
A masacre.

473
00:42:41,360 --> 00:42:43,440
Facíalles ilusión levarme.

474
00:42:45,800 --> 00:42:48,000
Dicían que ía presenciar a historia.

475
00:42:49,840 --> 00:42:51,960
Pois estaban equivocados.

476
00:42:53,480 --> 00:42:55,920
Era unha casa vella, Wolfhagen,

477
00:42:56,880 --> 00:42:58,120
in Alemaña.

478
00:42:59,600 --> 00:43:01,600
Terreo neutral.

479
00:43:03,040 --> 00:43:04,640
Levábame a miña nai.

480
00:43:06,240 --> 00:43:09,000
Sentoume nunha cadeira
ao final do corredor

481
00:43:09,080 --> 00:43:12,000
e díxome que non fixese ruído.

482
00:43:17,120 --> 00:43:18,640
Lembro cando entrou.

483
00:43:21,360 --> 00:43:23,720
Como mirou a todo o mundo.

484
00:43:25,040 --> 00:43:26,560
E sorriu.

485
00:43:30,680 --> 00:43:31,800
E despois volveuse.

486
00:43:33,480 --> 00:43:35,240
E converteuse no lobo.

487
00:43:36,560 --> 00:43:38,240
E matounos a todos.

488
00:43:40,080 --> 00:43:41,480
E que fixeches?

489
00:43:50,960 --> 00:43:52,080
Agocharme.

490
00:43:55,600 --> 00:43:57,280
Non era máis ca unha nena.

491
00:44:00,680 --> 00:44:02,280
E tiña medo.

492
00:44:04,840 --> 00:44:06,040
E agora?

493
00:44:09,400 --> 00:44:10,760
Aínda tes medo?

494
00:45:01,880 --> 00:45:03,720
Cales son as túas fraquezas?

495
00:45:07,280 --> 00:45:11,280
Estás canso, es lento. Non te concentras.

496
00:45:11,360 --> 00:45:13,160
E as miñas fraquezas?

497
00:45:14,840 --> 00:45:16,360
Que me subestimas.

498
00:45:25,840 --> 00:45:28,480
O teu pai controla rocas e auga.

499
00:45:28,560 --> 00:45:31,000
Pode coller a forma doutras criaturas.

500
00:45:31,480 --> 00:45:34,200
Pode aumentar de tamaño e velocidade.

501
00:45:35,080 --> 00:45:37,720
Sobrevivir feridas. Controlar o tempo.

502
00:45:38,560 --> 00:45:39,920
<i>Pode facer pocións.</i>

503
00:45:40,000 --> 00:45:42,400
<i>Manipular o calor e o frío.</i>

504
00:45:43,600 --> 00:45:46,480
<i>Roubarlle o poder</i>
<i>a calquera bruxo do mundo.</i>

505
00:45:46,960 --> 00:45:50,640
<i>É o seu mellor don</i>
<i>e a súa mellor arma contra nós.</i>

506
00:45:51,760 --> 00:45:54,880
<i>Cantos máis de nós mata,</i>
<i>máis forte se volve.</i>

507
00:46:11,840 --> 00:46:14,280
Vou á oficina. Queda e vixía a familia.

508
00:46:14,360 --> 00:46:15,280
Si, señor.

509
00:47:06,360 --> 00:47:07,600
Ola, Soul.

510
00:47:08,320 --> 00:47:09,560
Ola, Rowan.

511
00:47:12,480 --> 00:47:15,280
Por que alguén que fai crecer o que queira

512
00:47:15,360 --> 00:47:19,000
só con tocalo, pasaría
tanto tempo no horto.

513
00:47:19,080 --> 00:47:21,120
Estilo tradicional, irmán.

514
00:47:26,120 --> 00:47:27,480
Xa sei o de Reutger.

515
00:47:29,040 --> 00:47:30,880
Unha traxedia horrible.

516
00:47:32,720 --> 00:47:33,800
Foi Marcus.

517
00:47:33,880 --> 00:47:37,360
Xa, a cruz grande de sangue.

518
00:47:37,440 --> 00:47:39,440
O corazón arrincado do peito.

519
00:47:39,920 --> 00:47:41,560
Certamente é metódico.

520
00:47:45,080 --> 00:47:46,680
Quérete cazar, non si?

521
00:47:50,680 --> 00:47:52,080
Que vas facer?

522
00:47:52,160 --> 00:47:53,440
Vou loitar.

523
00:47:58,480 --> 00:48:02,440
Sabes que sempre
me gustou o poder familiar,

524
00:48:02,520 --> 00:48:06,600
pero mesmo eu me decato
da súa relativa ineficacia

525
00:48:06,680 --> 00:48:08,280
cando se trata de loitar.

526
00:48:09,200 --> 00:48:11,520
Especialmente contra Marcus Edge.

527
00:48:16,200 --> 00:48:18,920
Lembras un libro do noso pai?

528
00:48:20,160 --> 00:48:23,280
Atopáchelo unha vez
que xogabas no seu estudio.

529
00:48:24,120 --> 00:48:26,840
Tiña a tapa de coiro cun símbolo.

530
00:48:29,840 --> 00:48:30,920
Lémbrome.

531
00:48:33,400 --> 00:48:36,200
E lembro que nos pegou
só por ollar para el.

532
00:48:36,280 --> 00:48:37,400
Si.

533
00:48:43,880 --> 00:48:45,000
Conserveino.

534
00:48:46,160 --> 00:48:47,400
Cando morreu.

535
00:48:51,160 --> 00:48:52,360
Aínda o teño.

536
00:48:52,440 --> 00:48:54,160
Esa maxia vella morreu, Soul.

537
00:48:55,120 --> 00:48:57,160
E morta debería quedar.

538
00:49:02,800 --> 00:49:04,800
Oxalá tivese opción.

539
00:49:15,000 --> 00:49:16,280
Síntoo.

540
00:49:18,560 --> 00:49:19,680
Síntoo

541
00:49:28,200 --> 00:49:29,480
Síntoo moito.

542
00:50:56,320 --> 00:50:57,600
Que foi?

543
00:50:58,800 --> 00:50:59,920
Nada.

544
00:51:01,560 --> 00:51:04,240
A túa mellor marca. Volve facelo.

545
00:51:58,400 --> 00:52:04,800
Subtítulos: Jeiry Castellano

