1
00:00:06,040 --> 00:00:09,880
UNHA SERIE DE NETFLIX

2
00:00:12,520 --> 00:00:14,400
Debería estar por aquí.

3
00:00:19,360 --> 00:00:21,040
Cres que é certo, logo?

4
00:00:22,560 --> 00:00:25,920
Os rumores sobre el?
Que é o fillo do lobo?

5
00:00:29,840 --> 00:00:32,040
Pois vale.

6
00:00:35,640 --> 00:00:36,560
Aí.

7
00:00:59,360 --> 00:01:00,720
Esta casa é súa?

8
00:01:00,800 --> 00:01:01,880
Non.

9
00:01:01,960 --> 00:01:04,160
- Podo saber que fan aquí?
- Non.

10
00:01:04,240 --> 00:01:07,280
Informaron de actividades
sospeitosas no lugar e…

11
00:01:07,360 --> 00:01:08,400
Que che parece?

12
00:01:09,000 --> 00:01:12,360
Desculpen, se non me din
que fan, terei que arrestalos.

13
00:01:13,560 --> 00:01:15,200
Falo con vostedes.

14
00:01:15,280 --> 00:01:18,000
Teñen que se afastar da casa.

15
00:01:18,080 --> 00:01:18,920
Merda.

16
00:01:19,000 --> 00:01:20,960
Farteime, quedan arrestados.

17
00:01:21,040 --> 00:01:22,480
Un segundiño.

18
00:01:22,560 --> 00:01:25,520
Non ten que dicir nada,
pero podería prexudicar…

19
00:01:30,040 --> 00:01:31,040
Ide rañala.

20
00:02:43,000 --> 00:02:44,720
Os fillos están aquí.

21
00:02:58,120 --> 00:02:59,520
Non deberías tocalo.

22
00:03:00,960 --> 00:03:01,800
Por que non?

23
00:03:03,560 --> 00:03:06,760
PARABÉNS

24
00:03:08,760 --> 00:03:11,680
Porque si, creo que é verdade.

25
00:03:12,520 --> 00:03:15,320
MÁTAO

26
00:03:54,040 --> 00:03:55,240
Avoa.

27
00:03:57,320 --> 00:04:00,000
<i>O neno pode ficar aquí coa irmá,</i>

28
00:04:00,680 --> 00:04:03,080
<i>pero só como custodiado do consello.</i>

29
00:04:03,160 --> 00:04:05,160
<i>Temos dereitos legais sobre el.</i>

30
00:04:06,360 --> 00:04:07,840
<i>Segundo que leis?</i>

31
00:04:08,360 --> 00:04:10,440
Segundo as únicas que importan.

32
00:04:10,920 --> 00:04:13,480
As do Consello de Bruxos Fairborn.

33
00:04:15,840 --> 00:04:19,800
No momento en que demostre
ser unha ameaza para os Fairborn,

34
00:04:20,320 --> 00:04:21,640
levarémolo.

35
00:04:22,160 --> 00:04:24,160
Xa lle tedes medo.

36
00:04:24,240 --> 00:04:26,040
Pois a guerra acabou.

37
00:04:29,240 --> 00:04:30,560
Grazas polo té.

38
00:04:36,160 --> 00:04:37,880
Como o vas chamar?

39
00:04:39,040 --> 00:04:41,920
A súa nai íalle pór Nathan.

40
00:04:43,560 --> 00:04:44,440
Nathan.

41
00:04:57,000 --> 00:04:59,440
<i>No mundo sempre houbo bruxos.</i>

42
00:04:59,960 --> 00:05:02,440
<i>Bruxos Blood e Fairborn.</i>

43
00:05:03,160 --> 00:05:06,360
Estamos nós e os fains.
- Que son os fains?

44
00:05:07,320 --> 00:05:09,600
Os que non levan a maxia dentro

45
00:05:10,080 --> 00:05:12,080
e tampouco teñen interese nela.

46
00:05:12,720 --> 00:05:15,120
Case todo o mundo é un fain.

47
00:05:16,000 --> 00:05:18,920
O que implica que con case todo o mundo

48
00:05:19,000 --> 00:05:20,640
teredes un segredo.

49
00:05:20,720 --> 00:05:21,560
Por que?

50
00:05:22,040 --> 00:05:23,480
A xente ten medo de nós.

51
00:05:24,760 --> 00:05:25,880
Os bruxos son maos?

52
00:05:25,960 --> 00:05:26,960
Non.

53
00:05:27,680 --> 00:05:30,880
Pero algúns están tan cheos de escuridade

54
00:05:31,560 --> 00:05:33,640
que cando os miras nos ollos,

55
00:05:33,720 --> 00:05:35,920
sentes que non volverás ver a luz.

56
00:05:36,960 --> 00:05:38,560
- E nós somos bos?
- Somos.

57
00:05:39,040 --> 00:05:41,200
- E somos bruxos Fairborn?
- Somos.

58
00:05:43,000 --> 00:05:44,800
Eu tamén, avoa?

59
00:05:44,880 --> 00:05:45,840
Non.

60
00:05:47,400 --> 00:05:48,800
Son un bruxo Blood?

61
00:05:49,640 --> 00:05:51,080
Es o meu neto.

62
00:05:52,040 --> 00:05:53,720
Es Nathan Byrne.

63
00:05:54,920 --> 00:05:57,960
E por agora, con iso chega.

64
00:06:01,600 --> 00:06:05,800
Sabes un xeito de distinguir
un bruxo Blood dun Fairborn?

65
00:06:06,600 --> 00:06:08,480
Porque curan moito máis axiña.

66
00:06:16,560 --> 00:06:18,880
- Como dormes?
- Ben.

67
00:06:19,840 --> 00:06:21,960
Enfádaste facilmente?

68
00:06:22,040 --> 00:06:23,160
Non.

69
00:06:23,240 --> 00:06:27,120
Se pos atención, oes os meus latexos?

70
00:06:27,200 --> 00:06:28,240
Non.

71
00:06:28,320 --> 00:06:30,840
Sentimentos negativos por outros bruxos?

72
00:06:30,920 --> 00:06:31,920
Non.

73
00:06:32,440 --> 00:06:33,520
Nathan?

74
00:06:33,600 --> 00:06:35,560
- Ás veces.
- Por quen?

75
00:06:35,640 --> 00:06:36,480
Miña irmá.

76
00:06:36,560 --> 00:06:38,480
Porque é Fairborn?

77
00:06:38,560 --> 00:06:40,000
- Non.
- Por que, logo?

78
00:06:40,080 --> 00:06:41,520
Porque alcatrea.

79
00:06:48,040 --> 00:06:49,440
Levou 35 segundos.

80
00:06:51,040 --> 00:06:53,640
Iso é bo, máis ou menos coma min.

81
00:07:02,120 --> 00:07:05,400
Queres saber por que
todos nos odian tanto?

82
00:07:06,000 --> 00:07:08,000
Por que os nosos non nos falan?

83
00:07:09,640 --> 00:07:11,680
É polo que fixo teu pai.

84
00:07:12,920 --> 00:07:14,080
Matou bruxos.

85
00:07:15,200 --> 00:07:16,280
Moitos.

86
00:07:17,160 --> 00:07:20,160
Pechábaos nun cuarto,
volvíase un animal bravo

87
00:07:20,240 --> 00:07:21,760
e separábase deles.

88
00:07:23,200 --> 00:07:25,200
Homes e mulleres.

89
00:07:25,760 --> 00:07:27,760
Nenos e bebés.

90
00:07:28,680 --> 00:07:30,640
E cortáballes o pescozo.

91
00:07:31,680 --> 00:07:34,800
Pero iso non é o peor.

92
00:07:35,800 --> 00:07:38,080
O peor é o que facía despois.

93
00:07:39,160 --> 00:07:43,000
Porque teu pai pode roubar
os poderes doutros bruxos.

94
00:07:44,200 --> 00:07:45,400
Sabes como?

95
00:07:47,560 --> 00:07:50,720
Arríncalles o corazón e cómeo

96
00:07:51,880 --> 00:07:53,200
mentres está quente.

97
00:07:54,400 --> 00:07:55,480
É un monstro.

98
00:07:56,200 --> 00:07:58,640
O bruxo Blood máis malvado que existe.

99
00:07:59,240 --> 00:08:03,080
Fíxolle un fillo á miña nai
e ela suicidouse cando naciches.

100
00:08:04,200 --> 00:08:06,920
Por que cres
que che preguntan polos latexos?

101
00:08:07,440 --> 00:08:09,440
Porque teñen moito medo.

102
00:08:09,920 --> 00:08:12,640
De que te volvas un monstro.

103
00:08:13,240 --> 00:08:16,720
Igualiño ca el.

104
00:08:18,040 --> 00:08:19,960
<i>Tes soños violentos?</i>

105
00:08:20,040 --> 00:08:20,880
Non.

106
00:08:20,960 --> 00:08:23,840
- Enfádaste facilmente?
- Non.

107
00:08:23,920 --> 00:08:26,200
Fantasías con ferir a alguén?

108
00:08:27,000 --> 00:08:29,360
- Só os seus sentimentos.
- Como dormes?

109
00:08:29,440 --> 00:08:32,200
Co cu ao aire e a fiestra aberta. E ti?

110
00:08:32,280 --> 00:08:33,680
Tes soños violentos?

111
00:08:33,760 --> 00:08:36,480
Soñei que cantaba na xuntanza escolar,

112
00:08:37,000 --> 00:08:40,880
pero o micro non acendía
e todos me apupaban.

113
00:08:41,760 --> 00:08:43,520
Que cres que significa?

114
00:08:44,360 --> 00:08:45,880
Enfádaste facilmente?

115
00:08:45,960 --> 00:08:47,480
Creo que non é sexual.

116
00:08:47,560 --> 00:08:50,840
Que o micro non funcionase.
Sei o que estás a pensar,

117
00:08:51,360 --> 00:08:52,840
pero non che é por aí.

118
00:08:52,920 --> 00:08:54,240
- Nathan.
- Creo…

119
00:08:56,400 --> 00:08:58,960
Non me enfado facilmente.

120
00:08:59,560 --> 00:09:02,320
Sentimentos negativos por outros bruxos?

121
00:09:02,400 --> 00:09:06,720
Moi de vez en cando,
sinto algo negativo por ti,

122
00:09:06,800 --> 00:09:09,760
pero non é nada persoal.

123
00:09:09,840 --> 00:09:12,800
Se pos atención, oes os meus latexos?

124
00:09:15,320 --> 00:09:16,280
Non.

125
00:09:17,720 --> 00:09:19,960
Pero estamos seguros de que tes un?

126
00:09:28,320 --> 00:09:29,600
Uns 45 segundos.

127
00:09:33,360 --> 00:09:35,840
Deberías tomalo máis en serio.

128
00:09:35,920 --> 00:09:38,200
Xa o tomas ti en serio polos dous.

129
00:09:44,040 --> 00:09:45,720
Vémonos o mes que vén.

130
00:09:46,600 --> 00:09:48,600
Xa estou contando os días.

131
00:09:53,360 --> 00:09:56,760
Atención, temos unha nova alumna.

132
00:09:56,840 --> 00:09:59,480
Annalise, podes erguerte e falarnos de ti?

133
00:09:59,560 --> 00:10:00,560
Tes un boli?

134
00:10:02,200 --> 00:10:05,040
Ola, chámome Annalise.

135
00:10:05,120 --> 00:10:09,040
Meu irmán mais eu deixamos
Londres polo traballo de meu pai.

136
00:10:09,880 --> 00:10:12,280
Pero aquí parece que se está ben.

137
00:10:14,200 --> 00:10:17,160
E xa está, a verdade. Ola.

138
00:10:17,240 --> 00:10:18,200
Grazas.

139
00:10:18,280 --> 00:10:22,160
Estamos encantados
de que esteas en clase con nós.

140
00:10:22,240 --> 00:10:25,720
Hoxe imos ver as ecuacións diferenciais.

141
00:11:06,480 --> 00:11:07,520
Jessica.

142
00:11:08,240 --> 00:11:11,080
Pensaba que non te invitaran.

143
00:11:11,160 --> 00:11:14,760
Os da miña clase coámonos
na festa do teu colega pailaroco.

144
00:11:15,240 --> 00:11:17,080
- Ímoslla facer boa.
- Vale.

145
00:11:17,160 --> 00:11:20,280
Pero tiñas que vir disfrazada,
non che dá vergonza?

146
00:11:21,880 --> 00:11:22,720
Vai cagar.

147
00:11:22,800 --> 00:11:24,600
O teu irmán da moito noxo.

148
00:11:48,160 --> 00:11:50,960
- Estades a pasalo ben, ou?
- Si.

149
00:11:52,240 --> 00:11:53,080
Coñécelos?

150
00:11:53,160 --> 00:11:54,280
Non.

151
00:11:56,240 --> 00:11:59,480
Xente, coidado cos fluídos.

152
00:12:01,240 --> 00:12:04,280
Para a próxima, que faga a festa outro.

153
00:12:04,360 --> 00:12:05,200
Jack!

154
00:12:05,280 --> 00:12:07,520
Que é isto? Un réxime fascista?

155
00:12:07,600 --> 00:12:10,000
Meu pai é un tirano, non o entenderías.

156
00:12:10,080 --> 00:12:11,960
Por que nunca imos para a túa?

157
00:12:12,040 --> 00:12:14,720
Vivo nunha caravana, caben cinco persoas.

158
00:12:14,800 --> 00:12:17,240
Non o sabemos, nunca nos invitaches.

159
00:12:17,320 --> 00:12:18,160
Nin penso.

160
00:12:18,240 --> 00:12:19,320
E logo?

161
00:12:19,400 --> 00:12:20,880
Teño segredos e merdas.

162
00:12:20,960 --> 00:12:22,160
Como que?

163
00:12:23,040 --> 00:12:24,040
Unha avoa bruxa.

164
00:12:25,960 --> 00:12:26,880
- Cala!
- É así.

165
00:12:27,880 --> 00:12:29,600
Somos unha familia de bruxos.

166
00:12:29,680 --> 00:12:32,000
- Anda, estás caneco.
- Bruxo e caneco.

167
00:12:32,080 --> 00:12:33,440
Ai, pois améiganos.

168
00:12:33,520 --> 00:12:35,120
Non vai só de meigallos.

169
00:12:35,600 --> 00:12:38,480
Ao facer 17 recibes un poder.

170
00:12:38,560 --> 00:12:41,760
E despois, recibes tres agasallos

171
00:12:42,360 --> 00:12:44,360
e bebes o sangue da túa familia.

172
00:12:45,600 --> 00:12:48,280
Hostia, que raro es. Preocúpasme.

173
00:12:49,840 --> 00:12:51,800
Na cama dos meus pais non!

174
00:12:55,440 --> 00:12:57,160
Non deberías ir dicindo iso.

175
00:12:58,400 --> 00:12:59,440
O que?

176
00:13:00,560 --> 00:13:01,680
Que es bruxo.

177
00:13:01,760 --> 00:13:03,200
Chanceábame deles.

178
00:13:04,200 --> 00:13:05,120
Non tal.

179
00:13:05,200 --> 00:13:06,680
Claro que si.

180
00:13:08,160 --> 00:13:09,320
Son unha Fairborn.

181
00:13:10,400 --> 00:13:12,040
Non estabas a chancearte.

182
00:13:13,360 --> 00:13:14,400
- Es…
- Si.

183
00:13:14,880 --> 00:13:16,240
- Que va.
- Que si.

184
00:13:17,440 --> 00:13:18,360
Merda.

185
00:13:19,000 --> 00:13:22,160
Es Nathan Byrne.
Non debería falar contigo.

186
00:13:22,240 --> 00:13:23,800
- Quen o di?
- Meu pai.

187
00:13:23,880 --> 00:13:25,560
- Quen é?
- Está no Consello.

188
00:13:25,640 --> 00:13:27,240
Ai, si, e que fai?

189
00:13:27,320 --> 00:13:30,000
Director executivo
da unidade de protección.

190
00:13:30,080 --> 00:13:32,600
- É Cazador?
- É o seu director.

191
00:13:32,680 --> 00:13:34,000
Mudouse por traballo?

192
00:13:34,080 --> 00:13:37,200
Pois igual ten algo que ver contigo.

193
00:13:39,600 --> 00:13:41,040
Entón, como é…

194
00:13:43,000 --> 00:13:45,600
ser os únicos bruxos nunha vila de fains?

195
00:13:45,680 --> 00:13:48,400
- Tento pasar desapercibido.
- Como se che dá?

196
00:13:48,480 --> 00:13:49,400
Non moi ben.

197
00:13:51,600 --> 00:13:53,440
E por que non deberías falarme?

198
00:13:54,080 --> 00:13:55,280
Xa o sabes.

199
00:13:56,320 --> 00:13:57,240
Pai maligno.

200
00:13:57,320 --> 00:13:58,240
Pai maligno.

201
00:14:01,840 --> 00:14:03,240
Pero pareces boa xente.

202
00:14:04,560 --> 00:14:05,680
Ao fin e ao cabo.

203
00:14:08,640 --> 00:14:10,440
Entón, vémonos por aquí?

204
00:14:11,000 --> 00:14:12,240
Pode ser.

205
00:14:13,000 --> 00:14:14,960
Podemos falar de ser bruxos.

206
00:14:15,840 --> 00:14:17,840
Os bruxos non existen.

207
00:14:21,600 --> 00:14:22,640
Espera.

208
00:14:47,880 --> 00:14:48,880
Annalise?

209
00:14:50,080 --> 00:14:51,560
Buscas a Annalise?

210
00:14:52,080 --> 00:14:53,560
Si, coñecédela?

211
00:14:53,640 --> 00:14:55,480
Creo que si.

212
00:14:57,200 --> 00:14:58,880
É a súa irmá.

213
00:14:58,960 --> 00:15:00,320
E a miña curmá.

214
00:15:00,800 --> 00:15:02,720
Non queremos que fales con ela.

215
00:15:03,640 --> 00:15:07,680
Tranqui, Nathan.
Non serás fácil de enfadar, ou?

216
00:15:09,120 --> 00:15:11,200
Sentimentos negativos?

217
00:15:11,280 --> 00:15:13,200
Veña, meu. Que?

218
00:15:15,040 --> 00:15:17,800
Veña, non queres devolverlla?

219
00:15:20,240 --> 00:15:21,840
Nin sequera se…

220
00:15:31,000 --> 00:15:32,080
Nada?

221
00:15:32,160 --> 00:15:33,040
Cricas!

222
00:15:52,680 --> 00:15:54,040
Pasáchelo ben?

223
00:15:54,520 --> 00:15:55,480
Pasei, si.

224
00:16:36,000 --> 00:16:37,440
Meu irmán é un merdeiro.

225
00:16:41,080 --> 00:16:42,040
Non pasa nada.

226
00:16:43,680 --> 00:16:44,760
Si que pasa.

227
00:16:47,720 --> 00:16:50,440
E se hai un xene familiar dominante?

228
00:16:51,320 --> 00:16:52,960
E me saen fillos merdeiros?

229
00:16:53,560 --> 00:16:55,000
Ou netos merdeiros?

230
00:16:57,640 --> 00:16:58,960
Pero tiña razón.

231
00:16:59,640 --> 00:17:01,640
- Mellor que non…
- Patacas?

232
00:17:07,560 --> 00:17:09,880
A miña familia non me elixe os amigos.

233
00:17:10,720 --> 00:17:11,680
E a túa?

234
00:17:16,840 --> 00:17:18,760
Á miña dálle igual.

235
00:17:18,840 --> 00:17:21,720
Pois decidido.

236
00:17:23,120 --> 00:17:24,240
Podemos levarnos.

237
00:17:25,280 --> 00:17:26,120
Así sen máis?

238
00:17:26,200 --> 00:17:27,080
Claro.

239
00:17:28,360 --> 00:17:29,880
Como sabes que caes ben?

240
00:17:32,440 --> 00:17:34,160
Porque son xenial, hostia.

241
00:17:35,240 --> 00:17:38,760
E a única bruxa do cole que non te odia.

242
00:17:40,120 --> 00:17:41,800
As bruxas non existen.

243
00:17:41,880 --> 00:17:42,800
Xa.

244
00:17:46,920 --> 00:17:48,360
<i>Como dormes?</i>

245
00:17:48,440 --> 00:17:50,800
<i>Sentimentos negativos por outros bruxos?</i>

246
00:17:50,880 --> 00:17:54,400
<i>Fantasías con ferir…</i>
<i>Se pos atención, oes os meus latexos?</i>

247
00:17:54,480 --> 00:17:56,440
<i>Enfádaste facilmente?</i>

248
00:17:56,520 --> 00:17:58,000
<i>Tes soños violentos?</i>

249
00:17:58,080 --> 00:18:00,560
<i>Fantasías con ferir a alguén?</i>

250
00:18:00,640 --> 00:18:03,960
<i>Se pos atención, oes os meus latexos?</i>

251
00:18:04,520 --> 00:18:06,440
Quedamos o venres? Podo escapar.

252
00:18:06,520 --> 00:18:09,600
Non podo, Jessica fai 17.
É a cerimonia de Entrega.

253
00:18:10,080 --> 00:18:12,120
Merda. Cal será o seu poder?

254
00:18:12,200 --> 00:18:14,000
Ser unha mala pécora conta?

255
00:18:14,800 --> 00:18:15,720
Pode.

256
00:18:16,200 --> 00:18:18,720
Si. Véxote no xantar.

257
00:18:26,240 --> 00:18:27,120
Nathan.

258
00:18:29,160 --> 00:18:30,680
Niall, Kieran.

259
00:18:31,280 --> 00:18:33,920
Lembro prohibirche
que falases coa miña irmá.

260
00:18:37,120 --> 00:18:40,440
Imos resolver o que hai entre nós?

261
00:18:40,520 --> 00:18:43,560
Mátame esta tensión.

262
00:18:44,880 --> 00:18:47,400
E o teu curmán está celoso.

263
00:18:49,400 --> 00:18:50,360
Vai rañala.

264
00:18:52,080 --> 00:18:54,120
Vale, vémonos logo.

265
00:18:55,320 --> 00:18:56,720
Puto imbécil.

266
00:19:22,680 --> 00:19:23,560
Aí.

267
00:19:30,560 --> 00:19:34,320
Jessica, no día do teu 17 aniversario,

268
00:19:35,000 --> 00:19:38,080
douche o teu primeiro agasallo.

269
00:19:40,080 --> 00:19:41,000
Grazas.

270
00:19:44,560 --> 00:19:46,080
O segundo.

271
00:19:49,880 --> 00:19:51,400
Queríate moito.

272
00:20:09,160 --> 00:20:11,640
E o terceiro.

273
00:20:15,960 --> 00:20:16,920
Grazas, avoa.

274
00:20:18,640 --> 00:20:19,760
E agora…

275
00:20:28,560 --> 00:20:32,000
Levas o sangue da túa familia nas veas.

276
00:20:32,520 --> 00:20:35,120
Bébeo e fica completa.

277
00:20:36,240 --> 00:20:37,840
Inclina a cabeza.

278
00:21:00,200 --> 00:21:01,280
Chegou isto.

279
00:21:06,880 --> 00:21:11,280
"Quedas aceptada no programa
de adestramento do Consello Fairborn."

280
00:21:14,360 --> 00:21:15,200
Cazadora?

281
00:21:15,280 --> 00:21:17,920
Protexerei os Fairborn da escoura Blood.

282
00:21:18,000 --> 00:21:19,520
Non sabía que o pediras.

283
00:21:19,600 --> 00:21:21,440
Agardaba a ter a idade.

284
00:21:23,080 --> 00:21:25,280
Creo que xa me sinto distinta.

285
00:21:26,040 --> 00:21:27,120
Máis forte.

286
00:21:28,600 --> 00:21:31,120
Lin o que lles pasa aos Blood

287
00:21:31,200 --> 00:21:34,000
se non toman o seu sangue
ao faceren os 17.

288
00:21:35,120 --> 00:21:37,080
Seica é agónico.

289
00:21:38,000 --> 00:21:40,320
Seica teñen convulsións

290
00:21:40,400 --> 00:21:42,720
e sangran por ollos e orellas,

291
00:21:42,800 --> 00:21:44,480
sen deixar de gritar.

292
00:21:49,240 --> 00:21:50,400
E logo morren.

293
00:21:50,480 --> 00:21:53,360
Eu bebería sangue dos ollos
por non volverte ver.

294
00:21:53,440 --> 00:21:55,040
Parades xa?

295
00:21:55,840 --> 00:21:58,560
Aquí non hai ningún Blood, Jessica.

296
00:21:59,040 --> 00:22:00,640
Pois Fairborn tampouco é.

297
00:22:01,560 --> 00:22:03,560
Algo será, non si?

298
00:22:21,720 --> 00:22:22,640
Si?

299
00:22:25,000 --> 00:22:25,920
Quen é?

300
00:22:32,360 --> 00:22:33,360
Nathan.

301
00:22:35,120 --> 00:22:36,000
Mamá?

302
00:22:37,240 --> 00:22:38,680
Volvín, Nathan.

303
00:22:42,080 --> 00:22:43,960
Quería dicirche unha cousa.

304
00:22:48,440 --> 00:22:50,000
Quería dicirche…

305
00:22:52,000 --> 00:22:53,320
que me mataches ti.

306
00:22:55,560 --> 00:22:57,360
Tes a culpa de que morrera.

307
00:23:02,480 --> 00:23:03,840
Toda a culpa.

308
00:23:05,560 --> 00:23:07,000
Como te atreves?

309
00:23:09,000 --> 00:23:11,120
A túa nai estaría avergonzada.

310
00:23:11,200 --> 00:23:13,840
Como para matarse
e intentar matar os fillos?

311
00:23:14,800 --> 00:23:15,720
Descúlpate.

312
00:23:16,520 --> 00:23:17,680
Non.

313
00:23:22,240 --> 00:23:24,480
Seica atopei o meu poder.

314
00:23:41,960 --> 00:23:43,800
Ei, bruxo Blood!

315
00:23:46,920 --> 00:23:48,720
Que fas aquí, monstro?

316
00:23:51,000 --> 00:23:51,920
Ei.

317
00:23:53,000 --> 00:23:54,760
Falo contigo.

318
00:23:59,080 --> 00:24:01,280
Cres que vou parar se me ignoras?

319
00:24:01,360 --> 00:24:02,440
Non che é así.

320
00:24:03,240 --> 00:24:06,040
Es un traidor, como túa nai.

321
00:24:06,120 --> 00:24:07,440
Ben.

322
00:24:16,400 --> 00:24:18,280
Ti vés comigo.

323
00:24:24,400 --> 00:24:26,160
O fillo de Soul O'Brien.

324
00:24:26,240 --> 00:24:28,360
De toda a xente coa que meterse.

325
00:24:28,440 --> 00:24:32,040
- Meteuse el comigo.
- Pois ti non quedaches curto.

326
00:24:34,560 --> 00:24:35,800
Onde imos?

327
00:24:35,880 --> 00:24:37,160
Ao Consello Fairborn.

328
00:24:37,240 --> 00:24:38,080
Por que?

329
00:24:38,160 --> 00:24:40,160
Queren falar contigo.

330
00:24:41,360 --> 00:24:42,840
- Por que?
- Ti que cres?

331
00:24:50,680 --> 00:24:52,240
Jessica xa se adestra.

332
00:24:54,960 --> 00:24:56,840
Deixará moitas preas no camiño.

333
00:24:56,920 --> 00:24:59,440
Prea é xusto o que penso cando a vexo.

334
00:25:04,120 --> 00:25:06,560
A túa irmá ódiate, non si?

335
00:25:07,840 --> 00:25:08,880
Si.

336
00:25:08,960 --> 00:25:11,720
Pode que te bote a culpa
da morte da vosa nai.

337
00:25:12,360 --> 00:25:15,440
Xa, iso xa o pillara. Grazas.

338
00:26:08,520 --> 00:26:11,520
Pensaba que este sitio
era máis impresionante.

339
00:26:14,320 --> 00:26:15,280
Non é por nada.

340
00:26:20,360 --> 00:26:21,680
Vale.

341
00:26:24,880 --> 00:26:25,880
Isto que é?

342
00:26:26,440 --> 00:26:28,040
É unha recreación.

343
00:26:29,080 --> 00:26:31,800
A casa de Rita e Frank Applewood,

344
00:26:31,880 --> 00:26:34,360
hai case 12 meses.

345
00:26:39,760 --> 00:26:41,080
Son Reutger Sillwood.

346
00:26:42,080 --> 00:26:44,320
Dirixo o Consello de bruxos Fairborn.

347
00:26:44,800 --> 00:26:46,800
Sinto que non te coñecera antes.

348
00:26:46,880 --> 00:26:50,560
Aínda que seguín de preto
o teu desenvolvemento.

349
00:26:50,640 --> 00:26:55,760
Soul O'Brien, administrador executivo
da unidade de protección do Consello.

350
00:26:55,840 --> 00:26:58,040
Hoxe atacaches o meu fillo.

351
00:26:58,120 --> 00:26:59,240
Comezou el.

352
00:26:59,720 --> 00:27:00,960
Deuche el antes?

353
00:27:01,600 --> 00:27:02,440
Non.

354
00:27:02,520 --> 00:27:04,880
- Pois comezaches ti.
- Enfastioume.

355
00:27:04,960 --> 00:27:07,520
Estudaches a historia da bruxería?

356
00:27:08,520 --> 00:27:11,520
Xa sei que ao final
Harry e Hermione pinan.

357
00:27:11,600 --> 00:27:14,240
Sabes o que nos fixeron os bruxos Blood?

358
00:27:15,760 --> 00:27:18,360
Tes idea do que son capaces?

359
00:27:18,440 --> 00:27:21,200
Do que son capaces os homes como teu pai?

360
00:27:22,360 --> 00:27:23,200
Ron.

361
00:27:24,680 --> 00:27:26,280
Ao final ela pina con Ron.

362
00:27:27,440 --> 00:27:28,880
Íalle dar mil voltas.

363
00:27:29,480 --> 00:27:31,240
Pois foi divertido.

364
00:27:31,320 --> 00:27:32,440
Grazas.

365
00:27:33,240 --> 00:27:35,720
Hai que comezar a usar cápsulas de café.

366
00:27:35,800 --> 00:27:37,320
Tomamos de máis.

367
00:27:37,400 --> 00:27:40,760
Fala por ti,
eu só tomo unha cunca pola mañá.

368
00:27:40,840 --> 00:27:43,000
Non sei se che é así, pero vale.

369
00:27:43,080 --> 00:27:45,360
Pódesme lembrar que chame a Beth?

370
00:27:45,440 --> 00:27:46,800
Ela non chama.

371
00:27:46,880 --> 00:27:49,680
Na uni ti chamabas a túa nai cada semana?

372
00:27:49,760 --> 00:27:53,120
Xa, estará ocupada cos estudios.

373
00:27:53,200 --> 00:27:54,760
Ou ocupada cos pub.

374
00:27:54,840 --> 00:27:55,920
Espero que non.

375
00:27:56,000 --> 00:27:58,560
O importante é que o pase ben.

376
00:27:58,640 --> 00:28:00,480
E que estude un pouco, non?

377
00:28:00,560 --> 00:28:01,840
Por que non os vemos?

378
00:28:02,400 --> 00:28:05,840
O feitizo só rastrexa
os obxectos sobre os que se invoca.

379
00:28:05,920 --> 00:28:07,600
E nunca atoparon os corpos.

380
00:28:08,360 --> 00:28:11,400
Gemma é linda, aínda que Aisha paréceme…

381
00:28:12,960 --> 00:28:14,080
Que foi iso?

382
00:28:14,720 --> 00:28:16,720
Non sei, ti queda aquí

383
00:28:16,800 --> 00:28:19,160
- Frank, ten coidado.
- Espera aquí.

384
00:28:24,000 --> 00:28:26,640
Ves algo, Frank?

385
00:28:29,840 --> 00:28:31,600
Frank!

386
00:28:36,040 --> 00:28:39,960
Non! Por favor!

387
00:28:40,040 --> 00:28:45,080
- Rita! Deus meu!
- Frank! Por favor!

388
00:28:45,160 --> 00:28:47,440
Non, espera!

389
00:28:47,520 --> 00:28:48,760
- Espera!
- Por favor!

390
00:29:01,560 --> 00:29:02,880
Por favor!

391
00:29:26,960 --> 00:29:28,880
Quen son os Applewood?

392
00:29:28,960 --> 00:29:31,560
Frank Applewood era membro dos Dez.

393
00:29:32,760 --> 00:29:35,320
Os dez membros fundadores do Consello

394
00:29:35,400 --> 00:29:38,520
que xuraron atopar e castigar o teu pai,

395
00:29:38,600 --> 00:29:41,960
Marcus Edge,
pola Masacre da Paz de Wolfhagen.

396
00:29:42,040 --> 00:29:43,680
Agora nove están mortos.

397
00:29:45,120 --> 00:29:46,440
Quen queda?

398
00:29:46,520 --> 00:29:47,400
Eu.

399
00:29:48,360 --> 00:29:51,440
Sabes o que pasou en Wolfhagen?

400
00:29:52,280 --> 00:29:53,720
Matounos a todos.

401
00:29:53,800 --> 00:29:55,360
Despezounos.

402
00:29:55,440 --> 00:29:56,920
Membro a membro.

403
00:29:57,440 --> 00:29:59,800
Rouboulles os poderes e fuxiu.

404
00:30:00,280 --> 00:30:01,960
Ninguén o volveu ver.

405
00:30:03,120 --> 00:30:06,040
Até dez anos despois,
cando xurdiron rumores

406
00:30:06,120 --> 00:30:08,600
de que deixara embarazada unha Fairborn.

407
00:30:09,240 --> 00:30:11,880
E os rumores eran verdade.

408
00:30:12,880 --> 00:30:16,720
Antes do final do ano
farás os 17 e terás o teu poder.

409
00:30:17,760 --> 00:30:20,800
Poderías ser outro Fairborn máis.

410
00:30:20,880 --> 00:30:24,280
Ou poderías herdar algo moito máis escuro,

411
00:30:25,160 --> 00:30:26,680
<i>máis perigoso.</i>

412
00:30:26,760 --> 00:30:30,360
Que coidas que me vai pasar?
Facer 17 e pórme a matar?

413
00:30:30,440 --> 00:30:34,920
Xa mostras sinais de ira e violencia.

414
00:30:35,000 --> 00:30:38,840
Nathan, o teu poder
agarda dentro de ti, en repouso.

415
00:30:39,880 --> 00:30:41,040
Vai espertar.

416
00:30:43,120 --> 00:30:44,720
E vaite cambiar.

417
00:30:46,040 --> 00:30:47,560
Como a todos os bruxos.

418
00:30:49,160 --> 00:30:51,680
<i>Bos… ou malos.</i>

419
00:30:58,640 --> 00:31:00,120
<i>Atacaches a Niall?</i>

420
00:31:01,120 --> 00:31:02,080
Non exactamente.

421
00:31:03,000 --> 00:31:04,040
Pode. Non sei.

422
00:31:04,120 --> 00:31:06,880
Contra, tres respostas vagas
a unha pregunta.

423
00:31:07,680 --> 00:31:09,760
Quedamos en que hai algo de certo

424
00:31:09,840 --> 00:31:12,680
ou deuse el só coa bicicleta na cabeza?

425
00:31:13,200 --> 00:31:14,840
Non, iso fun eu.

426
00:31:14,920 --> 00:31:16,520
- Foi unha parvada.
- Xa.

427
00:31:16,600 --> 00:31:18,600
Mellor darlla cos freos cortados.

428
00:31:18,680 --> 00:31:21,520
Ves? Ti es linda, pero es o demo.

429
00:31:21,600 --> 00:31:23,080
Pensas que son linda?

430
00:31:24,280 --> 00:31:25,120
Cala.

431
00:31:26,240 --> 00:31:28,120
- Pensas que son linda.
- Fóra.

432
00:31:43,920 --> 00:31:45,080
Como o fas?

433
00:31:47,160 --> 00:31:49,400
O truco é convencerse de que non doe.

434
00:31:51,240 --> 00:31:53,480
- O truco é ese?
- É, si.

435
00:31:58,120 --> 00:32:00,360
Cal cres que vai ser o teu poder?

436
00:32:04,600 --> 00:32:05,640
Superforza.

437
00:32:08,160 --> 00:32:09,320
Invisibilidade.

438
00:32:12,800 --> 00:32:14,960
Volverme Hulk cando me enfado.

439
00:32:16,600 --> 00:32:17,600
Non sei.

440
00:32:20,280 --> 00:32:24,560
O meu pai ten un poder botánico,
o que podería estar ben.

441
00:32:25,920 --> 00:32:27,320
Cultivar plantas.

442
00:32:30,160 --> 00:32:32,680
O elemento de mamá é a auga, pero…

443
00:32:34,200 --> 00:32:36,400
Nunca a vin facer nada con el.

444
00:32:40,240 --> 00:32:41,680
Cal era o da túa nai?

445
00:32:46,200 --> 00:32:48,200
Facía pocións.

446
00:33:37,880 --> 00:33:38,920
Estás ben?

447
00:33:42,760 --> 00:33:43,720
Estou.

448
00:33:45,200 --> 00:33:46,040
Si…

449
00:33:50,120 --> 00:33:51,120
Si.

450
00:34:14,080 --> 00:34:15,720
Boa tarde, Nathan.

451
00:34:20,800 --> 00:34:22,760
Esqueceras que día é?

452
00:34:29,160 --> 00:34:31,520
- Como dormes?
- Ben.

453
00:34:31,600 --> 00:34:33,440
- Soños violentos?
- Non.

454
00:34:34,040 --> 00:34:36,000
- Enfádaste facilmente?
- Non.

455
00:34:37,560 --> 00:34:39,800
Sentimentos negativos por…

456
00:34:47,720 --> 00:34:50,880
Sentimentos negativos por outros bruxos?

457
00:34:51,960 --> 00:34:53,000
Non.

458
00:34:53,680 --> 00:34:54,800
Enfádaste fácil?

459
00:34:55,400 --> 00:34:56,400
Non.

460
00:34:57,000 --> 00:34:58,920
Fantasías con ferir a alguén?

461
00:34:59,000 --> 00:34:59,840
Non.

462
00:35:02,280 --> 00:35:04,600
Se pos atención, oes os meus latexos?

463
00:35:15,880 --> 00:35:16,920
Non.

464
00:35:25,400 --> 00:35:27,080
Vémonos o mes que vén.

465
00:35:49,920 --> 00:35:50,960
Veña.

466
00:36:02,720 --> 00:36:04,320
- Vamos.
- Annalise.

467
00:36:04,400 --> 00:36:05,560
Veña!

468
00:36:08,520 --> 00:36:09,560
Arre demo.

469
00:36:13,600 --> 00:36:14,440
Bule!

470
00:36:14,520 --> 00:36:15,600
Onde imos?

471
00:36:16,120 --> 00:36:17,640
Veña, non sexas cachorro!

472
00:36:22,280 --> 00:36:23,320
Vai amodo!

473
00:37:00,800 --> 00:37:02,840
Vou demostrar o que es.

474
00:37:11,800 --> 00:37:12,720
Xa.

475
00:37:12,800 --> 00:37:14,120
Quen son?

476
00:37:15,280 --> 00:37:16,640
O fillo de teu pai.

477
00:37:20,520 --> 00:37:21,760
E a ti dáche igual?

478
00:37:27,280 --> 00:37:28,120
Faino.

479
00:37:44,240 --> 00:37:46,480
- Sabíao.
- Non significa nada.

480
00:37:47,080 --> 00:37:48,560
Sábelo perfectamente.

481
00:37:49,760 --> 00:37:50,680
Outra vez.

482
00:37:52,840 --> 00:37:53,680
Outra vez.

483
00:38:05,520 --> 00:38:06,680
Hostia!

484
00:38:07,800 --> 00:38:11,640
Merda, que facemos?

485
00:38:13,520 --> 00:38:14,360
Marcha.

486
00:38:20,400 --> 00:38:22,920
Jessica, axuda.

487
00:38:24,320 --> 00:38:26,760
Sempre souben o que eras.

488
00:38:29,800 --> 00:38:32,320
Axuda, por favor.

489
00:38:33,200 --> 00:38:35,680
Non prefires morrer a ser Blood?

490
00:38:36,160 --> 00:38:37,400
Eu téñoo claro.

491
00:38:39,120 --> 00:38:40,760
Iso non o curas nin ti.

492
00:38:42,080 --> 00:38:44,440
Axuda, por favor.

493
00:38:49,080 --> 00:38:51,000
Vou por axuda.

494
00:38:52,680 --> 00:38:55,520
Non saques o coitelo,
escoaraste máis rápido.

495
00:39:10,560 --> 00:39:11,480
Nathan.

496
00:39:16,760 --> 00:39:18,720
Non fales, tranquilo.

497
00:39:20,560 --> 00:39:21,800
Vas estar ben.

498
00:39:35,960 --> 00:39:37,000
Aguanta.

499
00:40:01,440 --> 00:40:04,280
Vamos, corazón.

500
00:41:14,720 --> 00:41:16,520
Nathan. Grazas a Deus…

501
00:41:17,440 --> 00:41:18,400
Nathan!

502
00:41:19,640 --> 00:41:22,400
Hostia, Nathan! Estás tolo?

503
00:41:31,560 --> 00:41:34,080
Nathan!

504
00:41:46,040 --> 00:41:47,000
Nathan.

505
00:42:22,080 --> 00:42:23,040
Son Blood.

506
00:42:24,760 --> 00:42:25,880
Igual ca el.

507
00:42:25,960 --> 00:42:26,800
Mírame.

508
00:42:27,400 --> 00:42:29,240
Non es teu pai.

509
00:42:30,640 --> 00:42:31,520
Blood…

510
00:42:32,240 --> 00:42:33,200
Fairborn.

511
00:42:35,560 --> 00:42:36,520
Dá igual.

512
00:42:37,480 --> 00:42:39,000
Es bo rapaz

513
00:42:40,160 --> 00:42:42,600
e non tes nada do que avergonzarte.

514
00:42:44,920 --> 00:42:46,400
Que vou facer?

515
00:42:47,440 --> 00:42:49,000
Van vir por ti

516
00:42:49,080 --> 00:42:51,280
e pódenche facer o que queiran.

517
00:42:52,680 --> 00:42:53,680
Podo correr.

518
00:42:54,520 --> 00:42:56,760
Ti só non o vas conseguir.

519
00:42:56,840 --> 00:42:58,840
Coñezo unha bruxa.

520
00:42:59,400 --> 00:43:00,520
Mercury.

521
00:43:02,440 --> 00:43:04,440
Non quero facer isto.

522
00:43:05,800 --> 00:43:08,720
Se o necesitares nalgún momento,

523
00:43:08,800 --> 00:43:10,120
ela pode axudar.

524
00:43:11,200 --> 00:43:12,360
Axudar con que?

525
00:43:12,440 --> 00:43:14,400
Co que veña, Nathan.

526
00:43:15,880 --> 00:43:18,200
Vamos falar con ela, logo.

527
00:43:18,800 --> 00:43:20,040
Pois veña.

528
00:43:20,120 --> 00:43:21,040
Que?

529
00:43:21,880 --> 00:43:23,040
Ponte a ler.

530
00:44:05,320 --> 00:44:06,320
Avoa?

531
00:44:14,680 --> 00:44:20,480
Agora non está, Nathan Byrne,
fillo de Marcus Edge.

532
00:44:21,040 --> 00:44:24,280
Claro que te coñezo,

533
00:44:24,920 --> 00:44:28,480
o fillo bastardo do mesmo demo.

534
00:44:28,560 --> 00:44:30,560
Se o que din é certo.

535
00:44:32,840 --> 00:44:33,720
Pois…

536
00:44:35,560 --> 00:44:36,720
aquí me tes.

537
00:44:37,680 --> 00:44:39,360
Chamáchesme.

538
00:44:43,240 --> 00:44:44,080
Por que?

539
00:44:44,160 --> 00:44:46,000
A avoa dixo que me axudarías.

540
00:44:46,080 --> 00:44:48,280
Eu axudo xente, querido.

541
00:44:48,960 --> 00:44:50,360
Que necesitas?

542
00:44:50,440 --> 00:44:51,360
Non che sei.

543
00:44:51,440 --> 00:44:55,120
Se cadra, respostas. Queres saber quen es?

544
00:44:55,680 --> 00:45:00,200
Queres saber se che corre
sangue demoníaca polas veas?

545
00:45:01,120 --> 00:45:04,720
Dime, cando serás maior de idade?

546
00:45:04,800 --> 00:45:06,600
Fago 17 dentro de dez meses.

547
00:45:06,680 --> 00:45:08,880
Vas precisar o sangue da túa familia.

548
00:45:08,960 --> 00:45:10,640
Miña avoa daramo.

549
00:45:10,720 --> 00:45:11,760
Talvez.

550
00:45:13,800 --> 00:45:14,920
Ou talvez non.

551
00:45:16,240 --> 00:45:18,480
En dez meses pode suceder moito.

552
00:45:21,200 --> 00:45:22,400
Onde estarei seguro?

553
00:45:24,360 --> 00:45:26,160
Eu teño un lugar seguro.

554
00:45:26,240 --> 00:45:28,560
Se podes chegar aló ou non,

555
00:45:28,640 --> 00:45:31,320
éche outra cousa moi distinta.

556
00:45:31,400 --> 00:45:34,680
- Es Blood, non si?
- Díxolle o pote ao caldeiro.

557
00:45:35,280 --> 00:45:36,440
Como te atopo?

558
00:45:43,640 --> 00:45:45,920
- Que fas?
- Debuxo un mapa.

559
00:45:54,320 --> 00:45:56,200
Cando chegue o momento,

560
00:45:57,360 --> 00:45:59,200
pide axuda.

561
00:46:05,680 --> 00:46:06,600
Un mapa de que?

562
00:46:07,720 --> 00:46:10,080
<i>Saberás da profecía, imaxino?</i>

563
00:46:10,160 --> 00:46:11,160
Non.

564
00:46:11,680 --> 00:46:12,840
A profecía?

565
00:46:13,360 --> 00:46:16,880
Coido que é a razón
pola que te deixaron vivir tanto.

566
00:46:17,400 --> 00:46:20,760
<i>Esperan que se cumpra, pero se non,</i>

567
00:46:21,440 --> 00:46:23,840
<i>aínda non saben que farán,</i>

568
00:46:23,920 --> 00:46:27,680
mais están preocupados por ti.

569
00:46:27,760 --> 00:46:31,560
Coido que por iso hai tantos aí fóra.

570
00:46:31,640 --> 00:46:33,040
Movédevos.

571
00:46:33,120 --> 00:46:35,480
Que profecía?

572
00:46:36,080 --> 00:46:37,640
Veña!

573
00:46:37,720 --> 00:46:39,880
Acábasenos o tempo.

574
00:46:40,480 --> 00:46:45,080
Espero poder coñecerte
algún día, Nathan Byrne.

575
00:46:46,040 --> 00:46:47,440
Pero hei de dicir

576
00:46:48,880 --> 00:46:52,720
que non pinta demasiado ben.

577
00:46:58,680 --> 00:47:03,400
Cando chegue o momento, pide axuda.

578
00:47:07,720 --> 00:47:10,120
- Espera!
- Nathan Byrne!

579
00:47:10,200 --> 00:47:13,760
Somos do Consello. Estás rodeado.

580
00:47:14,360 --> 00:47:16,360
Sae coas mans en alto.

581
00:48:16,040 --> 00:48:22,440
Subtítulos: Jeiry Castellano

