1
00:00:06,040 --> 00:00:09,920
UNHA SERIE DE NETFLIX

2
00:00:38,760 --> 00:00:40,840
Caravaggio era bruxo.

3
00:00:41,640 --> 00:00:42,880
Sabíalo?

4
00:00:45,720 --> 00:00:47,160
Descubriches algo?

5
00:00:49,840 --> 00:00:51,640
Temos que falar de Jessica.

6
00:00:52,880 --> 00:00:55,600
O do pirata deixouche mal corpo.

7
00:00:56,080 --> 00:00:57,400
A min tamén.

8
00:00:58,160 --> 00:00:59,360
Claro.

9
00:00:59,960 --> 00:01:03,440
Pero Jessica entendeu
algo que o resto non.

10
00:01:04,320 --> 00:01:07,560
- Que é?
- Que loitamos pola nosa vida.

11
00:01:08,840 --> 00:01:11,960
Que as normas cambiaron
e que se acaba o tempo.

12
00:01:12,040 --> 00:01:13,560
O tempo para que?

13
00:01:13,640 --> 00:01:15,000
Para deter o caos.

14
00:01:18,920 --> 00:01:21,240
Onte á noite houbo unha pelexa nun bar.

15
00:01:21,320 --> 00:01:24,000
Kieran identificou a Nathan e o Blood.

16
00:01:24,080 --> 00:01:26,680
E Annalise segue con eles, case seguro.

17
00:01:29,480 --> 00:01:30,440
Vamos.

18
00:02:04,120 --> 00:02:05,680
Por que paramos aquí?

19
00:02:08,800 --> 00:02:10,120
Annalise, mapa.

20
00:02:18,360 --> 00:02:19,240
Ben.

21
00:02:23,160 --> 00:02:25,280
Estes son os territorios dos Bruxos.

22
00:02:26,080 --> 00:02:29,120
Agora estamos na raia
entre o Estado Libre de París

23
00:02:29,200 --> 00:02:31,400
e a rexión de Dupont.

24
00:02:31,480 --> 00:02:32,920
Dupont é Fairborn.

25
00:02:33,000 --> 00:02:35,680
Posuída, controlada
e vixiada polos Fairborn.

26
00:02:35,760 --> 00:02:38,200
Aquí está o territorio dos Ozanne.

27
00:02:38,280 --> 00:02:39,800
Os Ozanne son Blood.

28
00:02:40,400 --> 00:02:42,440
Moi hostís cos de fóra.

29
00:02:42,520 --> 00:02:43,760
Leais a Marcus?

30
00:02:44,480 --> 00:02:46,440
A eles mesmos, principalmente.

31
00:02:47,000 --> 00:02:49,760
Pero hai un río, a un día de camiño.

32
00:02:49,840 --> 00:02:51,640
E podémolo seguir até Mercury.

33
00:02:54,680 --> 00:02:57,640
E se os Ozanne
nos pillan no seu territorio?

34
00:02:58,120 --> 00:02:59,840
Matarannos, non si?

35
00:02:59,920 --> 00:03:04,360
A ver, mellor comezar
cunha actitude positiva, parécevos?

36
00:03:06,880 --> 00:03:07,840
Iso éche que si.

37
00:03:20,800 --> 00:03:22,400
Agárrate. Xa te teño.

38
00:03:22,480 --> 00:03:23,440
Grazas.

39
00:03:35,200 --> 00:03:36,920
Queres que mire o mapa?

40
00:03:37,000 --> 00:03:38,160
Non fai falta.

41
00:03:39,200 --> 00:03:40,600
Cantamos algo?

42
00:03:41,480 --> 00:03:42,600
Canta para ti.

43
00:03:44,400 --> 00:03:47,080
Dáme que podería guiarvos bastante ben.

44
00:03:47,680 --> 00:03:50,320
Canto hai que seguir camiñando?

45
00:03:50,400 --> 00:03:51,400
Iso, canto falta?

46
00:03:51,480 --> 00:03:53,680
Non sei, non son un GPS. Veña.

47
00:03:57,280 --> 00:03:58,600
Xa chegamos?

48
00:03:58,680 --> 00:03:59,880
Non sei.

49
00:04:03,800 --> 00:04:05,440
Odio o campo.

50
00:04:06,040 --> 00:04:07,200
A min gústame.

51
00:04:07,280 --> 00:04:10,080
Home, claro, es un pachán de monte.

52
00:04:11,400 --> 00:04:13,280
Será paduán, imbécil.

53
00:04:13,800 --> 00:04:15,080
E logo?

54
00:04:15,160 --> 00:04:17,760
Dise así, a min que me contas.

55
00:04:17,840 --> 00:04:20,240
Pois vale, paduán. Que che preste.

56
00:04:20,320 --> 00:04:23,640
Non dabas paseos románticos
polo campo co teu mozo?

57
00:04:23,720 --> 00:04:24,600
Non.

58
00:04:25,120 --> 00:04:26,440
Blood ou Fairborn?

59
00:04:26,520 --> 00:04:27,520
Era fain.

60
00:04:28,320 --> 00:04:29,640
Oi, e iso como vai?

61
00:04:30,120 --> 00:04:32,840
Debaixo da roupa, sómosche iguais, prenda.

62
00:04:35,280 --> 00:04:37,360
Nunca estiveches cunha fain ou que?

63
00:04:38,040 --> 00:04:38,960
Non.

64
00:04:39,040 --> 00:04:40,720
Pero cunha Fairborn si?

65
00:04:46,120 --> 00:04:48,400
Ti tamén es virxe?

66
00:04:50,240 --> 00:04:51,560
A ti que che importa.

67
00:04:52,840 --> 00:04:54,080
Iso éche que non.

68
00:05:25,960 --> 00:05:29,760
A cousa pagá esa que colga das pólas…

69
00:05:32,920 --> 00:05:35,320
Parécenos bo sinal?

70
00:05:53,080 --> 00:05:53,960
Vale.

71
00:06:03,320 --> 00:06:04,280
Merda.

72
00:06:05,800 --> 00:06:06,800
Que pasou?

73
00:06:07,880 --> 00:06:11,160
Un ataque dos Fairborn.
Probablemente, os Dupont.

74
00:06:11,920 --> 00:06:13,600
Os Fairborn non farían tal.

75
00:06:17,240 --> 00:06:20,680
E logo por que pensas
que os Blood fuxiron para Europa?

76
00:06:21,440 --> 00:06:23,400
Porque llelo pediron por favor?

77
00:06:25,240 --> 00:06:26,680
Deberiamos seguir.

78
00:06:26,760 --> 00:06:27,760
Deberiamos, si.

79
00:06:28,960 --> 00:06:30,120
Vamos.

80
00:06:43,800 --> 00:06:44,800
Que pasa?

81
00:06:53,080 --> 00:06:54,360
Pareceume oír algo.

82
00:06:59,600 --> 00:07:01,680
Eu non oio nada.

83
00:07:02,400 --> 00:07:03,520
Hai que seguir.

84
00:07:05,160 --> 00:07:06,280
Facédeme caso.

85
00:07:37,520 --> 00:07:38,640
Gabriel, espera.

86
00:07:46,800 --> 00:07:47,640
De xeonllos.

87
00:07:52,200 --> 00:07:53,560
Só estamos de paso.

88
00:07:53,640 --> 00:07:55,360
Sen invitación nin preaviso.

89
00:07:55,440 --> 00:07:57,320
Ten morto xente por menos.

90
00:07:59,400 --> 00:08:01,280
Hai Fairborn nas nosas terras.

91
00:08:01,360 --> 00:08:04,040
Mataron os nosos xusto onte.

92
00:08:05,280 --> 00:08:06,880
Non tivemos nada que ver.

93
00:08:08,400 --> 00:08:09,880
Nós somos todos Blood.

94
00:08:28,920 --> 00:08:30,040
<i>Allez, venez!</i>

95
00:08:31,960 --> 00:08:33,080
<i>Bouge.</i>

96
00:08:43,440 --> 00:08:44,480
Que pasa?

97
00:08:45,080 --> 00:08:47,480
Déixame falar a min, vale?

98
00:08:49,680 --> 00:08:51,640
Atopámolos nas fragas do norte.

99
00:08:51,720 --> 00:08:53,880
Din que son Blood.

100
00:08:56,680 --> 00:08:58,840
Tentades pasar sen permiso?

101
00:09:00,200 --> 00:09:02,200
Escapamos do Consello Fairborn.

102
00:09:02,280 --> 00:09:04,640
E guiádelos até aquí?

103
00:09:04,720 --> 00:09:07,400
Tentamos chegar ao río
para seguilo ao leste.

104
00:09:13,280 --> 00:09:18,840
Xa lle dixen a Mercury que se os seus
volvían pasar por aquí, tiña que pagar.

105
00:09:19,320 --> 00:09:20,800
Ela non sabe nada.

106
00:09:21,920 --> 00:09:25,640
Este fai os 17 dentro de cinco días
e necesita o seu sangue.

107
00:09:26,560 --> 00:09:27,560
Como te chamas?

108
00:09:27,640 --> 00:09:30,280
Non falan francés.

109
00:09:31,000 --> 00:09:32,400
As normas son claras.

110
00:09:32,480 --> 00:09:36,000
Entrastes nas nosas terras sen avisar.

111
00:09:36,680 --> 00:09:39,320
Debedes dar volta
e saír por onde entrastes.

112
00:09:40,920 --> 00:09:43,240
Así non chegaremos onda Mercury.

113
00:09:48,360 --> 00:09:49,800
Chámome Nathan Byrne.

114
00:09:51,640 --> 00:09:53,560
Meu pai é Marcus Edge.

115
00:10:35,520 --> 00:10:36,800
Ten os ollos del.

116
00:10:39,920 --> 00:10:41,800
Teu pai é un gran home.

117
00:10:42,560 --> 00:10:45,520
É unha honra
acollerte na nosa casa, Nathan.

118
00:10:46,920 --> 00:10:51,920
Levarémosvos ao río,
pero antes debedes pagar.

119
00:10:52,000 --> 00:10:53,640
Déixame ver que teño.

120
00:10:53,720 --> 00:10:57,160
Max e Odette celebran mañá
a súa cerimonia de entrega.

121
00:10:58,080 --> 00:10:59,520
Estades convidados.

122
00:11:00,120 --> 00:11:02,920
É moi amable por invitarnos.

123
00:11:04,400 --> 00:11:08,520
Por desgraza, non podemos
perder tempo, así que…

124
00:11:08,600 --> 00:11:10,320
Non é unha petición

125
00:11:16,640 --> 00:11:19,240
Escoitei tantas cousas de teu pai…

126
00:11:19,840 --> 00:11:22,200
É un guerreiro, como o meu.

127
00:11:23,800 --> 00:11:26,560
A saber cal mataría máis Fairborn.

128
00:11:27,040 --> 00:11:29,840
- Un pensamento adorable.
- Gústalle matalos?

129
00:11:29,920 --> 00:11:31,480
Sempre que pode.

130
00:11:32,320 --> 00:11:33,840
Hai moito que facer.

131
00:11:35,160 --> 00:11:39,400
Dixestes que vos honraba a nosa presenza,
non que había que mover mobles.

132
00:11:39,480 --> 00:11:43,760
A súa presenza é unha honra.
A vosa… non estou segura.

133
00:11:43,840 --> 00:11:45,080
Encantados de axudar.

134
00:11:50,840 --> 00:11:52,720
"Son fillo de Marcus Edge"?

135
00:11:52,800 --> 00:11:53,640
Funcionou, ou?

136
00:11:53,720 --> 00:11:55,840
Os últimos Blood tentaron matarnos.

137
00:11:55,920 --> 00:11:58,240
Gabriel é Blood e non tentou matarnos.

138
00:11:58,320 --> 00:12:00,120
Non, só trocarme por un libro.

139
00:12:00,200 --> 00:12:03,960
- E xa pedín perdón.
- Se descobren que son Fairborn…

140
00:12:04,040 --> 00:12:07,120
Descubrirano se non deixas
de falar do tema.

141
00:12:07,200 --> 00:12:09,520
Quedamos. Levarannos onde precisamos.

142
00:12:09,600 --> 00:12:13,120
Até entón, non chamedes
a atención, por Deus.

143
00:12:22,080 --> 00:12:23,000
Xenial.

144
00:12:25,200 --> 00:12:27,000
Non vos separedes, estamos?

145
00:12:29,520 --> 00:12:32,040
Vamos, a traballar.

146
00:12:33,520 --> 00:12:34,440
Vale.

147
00:12:35,840 --> 00:12:36,720
Vamos.

148
00:12:37,320 --> 00:12:38,800
Usa os xeonllos.

149
00:12:38,880 --> 00:12:41,120
- Todo ben?
- Si, é que pesa.

150
00:12:42,760 --> 00:12:44,480
Socio, podes levar un?

151
00:12:44,560 --> 00:12:46,480
- Non, teño as costas…
- Cólleo.

152
00:12:53,440 --> 00:12:54,480
Mimá, ho.

153
00:12:55,000 --> 00:12:56,000
Ola.

154
00:13:00,280 --> 00:13:04,400
Se soubese que nos perseguía el,
non che escapaba tan rápido.

155
00:13:04,480 --> 00:13:05,480
Veña, ho…

156
00:13:06,320 --> 00:13:08,080
Non che parece guapo?

157
00:13:08,160 --> 00:13:09,760
Parece que toma esteroides.

158
00:13:10,400 --> 00:13:12,000
Non é o teu tipo, logo.

159
00:13:12,080 --> 00:13:13,560
Pois non, obviamente.

160
00:13:13,640 --> 00:13:14,680
Obviamente.

161
00:13:16,920 --> 00:13:18,440
Cal é o teu tipo, logo?

162
00:13:19,600 --> 00:13:21,360
Non che sei, non teño un.

163
00:13:21,440 --> 00:13:22,920
Entón pinas con calquera.

164
00:13:23,000 --> 00:13:24,840
Non dixen iso.

165
00:13:24,920 --> 00:13:28,200
Entón si que tes un tipo,
só que aínda non sabes cal é.

166
00:13:29,760 --> 00:13:31,840
Só pensas en mollar o biscoito?

167
00:13:31,920 --> 00:13:33,760
Oi, "mollar o biscoito".

168
00:13:34,440 --> 00:13:37,160
Que expresión menos sexy, ho.

169
00:13:37,240 --> 00:13:38,640
E que ten de malo?

170
00:13:38,720 --> 00:13:41,040
Parece que estás almorzando.

171
00:13:42,080 --> 00:13:43,360
E como lle dis ti?

172
00:13:43,960 --> 00:13:45,080
<i>Faire l'amour.</i>

173
00:13:45,160 --> 00:13:46,120
"Fairly amore"?

174
00:13:47,040 --> 00:13:48,480
<i>Faire l'amour.</i>

175
00:13:50,480 --> 00:13:51,960
Non o dou pronunciado.

176
00:13:52,040 --> 00:13:55,480
Só tes que darlle a lingua, xa verás.

177
00:13:59,200 --> 00:14:02,600
E non penso niso máis ca ti.
É que non me dá vergonza.

178
00:14:02,680 --> 00:14:04,240
- A min tampouco.
- O que?

179
00:14:04,320 --> 00:14:07,160
Non sei, do carallo que esteamos a falar.

180
00:14:10,000 --> 00:14:12,480
Tanto ten. Vamos, a seguir.

181
00:14:27,680 --> 00:14:29,200
<i>Non che dá mal corpo?</i>

182
00:14:30,640 --> 00:14:31,720
É unha casa vella.

183
00:14:31,800 --> 00:14:33,040
Unha casa vella?

184
00:14:34,360 --> 00:14:37,560
No medio da nada, chea de bruxos.

185
00:14:38,200 --> 00:14:39,440
Estamos a salvo.

186
00:14:39,520 --> 00:14:41,880
Nunha peli de terror non durabas, amigo.

187
00:14:45,440 --> 00:14:47,280
Cando aprendiches a facer iso?

188
00:14:47,360 --> 00:14:50,560
Cando o Consello me meteu nunha gaiola.

189
00:14:57,240 --> 00:14:58,920
- Quen foi?
- Que?

190
00:15:00,000 --> 00:15:03,560
Con quen te deitaches?

191
00:15:05,600 --> 00:15:06,560
Ah.

192
00:15:08,000 --> 00:15:10,720
- Pois…
- Perdón, non é cousa miña.

193
00:15:10,800 --> 00:15:11,720
David.

194
00:15:13,200 --> 00:15:14,160
David.

195
00:15:15,320 --> 00:15:16,240
Un pouco…

196
00:15:17,240 --> 00:15:18,080
Que?

197
00:15:18,720 --> 00:15:20,160
- Non che sei, é…
- Que?

198
00:15:20,240 --> 00:15:23,480
Non, é só que… é raro, non é?

199
00:15:26,760 --> 00:15:27,720
Raro?

200
00:15:28,240 --> 00:15:29,200
Si.

201
00:15:30,280 --> 00:15:34,040
Sempre parecía que o picara una avespa.

202
00:15:35,240 --> 00:15:36,080
Unha vespa?

203
00:15:36,160 --> 00:15:38,240
Como se lles tivese alerxia.

204
00:15:38,320 --> 00:15:40,320
Tiña unha cara rara.

205
00:15:43,560 --> 00:15:44,600
Xa.

206
00:15:46,320 --> 00:15:47,200
Marcho.

207
00:15:48,880 --> 00:15:49,760
Claro.

208
00:15:54,200 --> 00:15:56,320
Pola forza das nosas raíces,

209
00:15:56,400 --> 00:15:58,000
que floreza o sangue.

210
00:16:02,800 --> 00:16:04,560
Polos amigos na mesa,

211
00:16:05,240 --> 00:16:07,280
os inimigos na escuridade

212
00:16:08,040 --> 00:16:10,120
e os nosos amados que os cazan.

213
00:16:10,200 --> 00:16:11,120
Polos Blood.

214
00:16:11,200 --> 00:16:12,600
Polos Blood.

215
00:16:14,880 --> 00:16:16,080
- Bailas?
- Non.

216
00:16:17,800 --> 00:16:19,080
Apréndoche eu.

217
00:16:29,320 --> 00:16:33,560
- Tedes os poderes antes da Entrega?
- Os xemelgos comparten sangue.

218
00:16:33,640 --> 00:16:36,240
As súas capacidades aumentan desde antes.

219
00:16:36,320 --> 00:16:38,760
Só un de nós bebe sangue na cerimonia.

220
00:16:38,840 --> 00:16:40,480
Si, ti.

221
00:16:41,000 --> 00:16:44,000
Non, ti. Eu son maior.

222
00:16:44,560 --> 00:16:45,480
Dous minutos.

223
00:16:45,560 --> 00:16:47,400
Os dous mellores da miña vida.

224
00:16:57,040 --> 00:16:58,200
Xa os oíches?

225
00:16:59,720 --> 00:17:00,760
Os latexos.

226
00:17:05,160 --> 00:17:06,960
Se teu pai o facía, ti tamén.

227
00:17:13,080 --> 00:17:16,040
Meu pai roubaba poderes doutros bruxos.

228
00:17:16,680 --> 00:17:17,680
Roubaba?

229
00:17:18,680 --> 00:17:20,840
Non che aprenderon o que significa?

230
00:17:20,920 --> 00:17:23,200
Dixéronme que era algo salvaxe.

231
00:17:24,520 --> 00:17:27,400
Os poderes dos bruxos morren con eles.

232
00:17:28,920 --> 00:17:32,200
Así que os afortunados que temos o don,

233
00:17:32,280 --> 00:17:34,520
collémolos e gardámolos dentro de nós

234
00:17:35,040 --> 00:17:38,200
para poder pasarllos
algún día ao noso sucesor.

235
00:17:52,040 --> 00:17:54,640
Ela ten centos de poderes

236
00:17:55,920 --> 00:17:59,560
pasados de xeración
en xeración de bruxos Ozanne.

237
00:18:03,360 --> 00:18:07,080
Cando ela morra, tomarei
o seu sangue e o seu corazón.

238
00:18:08,280 --> 00:18:10,200
E os seus poderes pasarán a min.

239
00:18:11,800 --> 00:18:14,080
Así, nunca perdemos os nosos defuntos.

240
00:18:14,920 --> 00:18:16,600
Non é tan salvaxe, non?

241
00:18:18,200 --> 00:18:21,080
Meu pai quítallelos
aos Fairborn cando os mata.

242
00:18:21,800 --> 00:18:24,360
Colle o que acha que se lle debe.

243
00:18:24,880 --> 00:18:26,120
Como que se lle debe?

244
00:18:26,720 --> 00:18:29,400
A nai de Marcus devoraba corazóns.

245
00:18:29,480 --> 00:18:32,440
El debía herdar os seus poderes algún día.

246
00:18:33,280 --> 00:18:37,840
Os Fairborn matárona a ela
e a todos os bruxos coma ela.

247
00:18:39,320 --> 00:18:40,600
Queimaron os corpos.

248
00:18:41,560 --> 00:18:44,880
Aseguráronse de que os seus dons
nunca pasasen a ninguén.

249
00:18:51,520 --> 00:18:54,440
Dinlle ao mundo que somos os malos.

250
00:18:55,640 --> 00:18:59,560
O que non queren que se saiba
é que nos fixeron ser así.

251
00:19:09,920 --> 00:19:12,120
Ola, Lucy. Que é?

252
00:19:13,280 --> 00:19:16,200
Para min? Son eu?

253
00:19:16,280 --> 00:19:17,160
Es, si.

254
00:19:22,200 --> 00:19:23,200
Grazas.

255
00:19:42,360 --> 00:19:43,360
Aquí tedes.

256
00:19:47,000 --> 00:19:48,520
E o resto dela?

257
00:19:49,040 --> 00:19:51,000
Dorme fóra se che é pequena.

258
00:19:59,040 --> 00:20:01,200
Entón, quen quere o centro?

259
00:20:50,200 --> 00:20:52,040
Entón devoras corazóns?

260
00:20:57,000 --> 00:20:58,000
Supoño.

261
00:22:51,880 --> 00:22:53,360
Arre carallo.

262
00:22:53,440 --> 00:22:57,040
Non sexas neno. Mi madriña!

263
00:23:07,560 --> 00:23:08,920
- Que tal?
- Ben.

264
00:23:17,600 --> 00:23:19,720
Que farás despois de Mercury?

265
00:23:19,800 --> 00:23:23,080
Volver a París e seguir
a miña vida con libertinaxe.

266
00:23:24,360 --> 00:23:26,520
Deberías visitarme cando acabe todo.

267
00:23:27,000 --> 00:23:29,560
- Deberías soltar a melena.
- Non podo.

268
00:23:29,640 --> 00:23:30,560
Ai, xa.

269
00:23:31,760 --> 00:23:33,800
- Sei pasalo ben.
- En serio?

270
00:23:33,880 --> 00:23:35,120
Si, son divertido.

271
00:23:36,920 --> 00:23:38,320
- Vale.
- Que si.

272
00:23:38,400 --> 00:23:39,640
Non, créote.

273
00:23:39,720 --> 00:23:41,640
A xente dime que son pándego.

274
00:23:41,720 --> 00:23:43,640
Xa, seguro.

275
00:23:45,720 --> 00:23:47,200
Que horas son estas?

276
00:23:47,280 --> 00:23:49,160
Os demais levan tempo en pé.

277
00:23:49,680 --> 00:23:51,760
Rula, vouche aprender un concepto.

278
00:23:51,840 --> 00:23:54,920
Gústame chamalo <i>brunch</i>
e vaiche cambiar a vida.

279
00:23:55,920 --> 00:23:59,160
Tes que encher o bandullo,
hoxe hai moito que facer.

280
00:23:59,240 --> 00:24:02,800
Que alguén vaia ao galiñeiro
por polos para a festa.

281
00:24:02,880 --> 00:24:05,960
Vaia, a miña alerxia ás plumas impídemo.

282
00:24:06,040 --> 00:24:07,240
Podemos ir nós.

283
00:24:08,440 --> 00:24:09,800
- Cantos?
- Cinco.

284
00:24:09,880 --> 00:24:11,680
- Ningún problema.
- Grazas.

285
00:24:11,760 --> 00:24:12,760
Mellor que vaia.

286
00:24:14,880 --> 00:24:16,080
Estaremos ben.

287
00:24:16,920 --> 00:24:18,680
Son moitos polos de raio.

288
00:24:18,760 --> 00:24:20,080
Van facer falta.

289
00:24:20,160 --> 00:24:23,920
Os outros chegarán famentos
de cazar Fairborn.

290
00:24:24,520 --> 00:24:26,200
Estupendo.

291
00:24:26,280 --> 00:24:28,240
- A festa comeza á noitiña?
- Si.

292
00:24:28,840 --> 00:24:32,000
Se alguén me necesita,
estou a tomar o sol onde o río.

293
00:24:34,000 --> 00:24:35,080
Non vaiades lonxe.

294
00:25:13,640 --> 00:25:14,600
Son eles.

295
00:25:18,800 --> 00:25:19,800
Vamos.

296
00:25:26,600 --> 00:25:27,520
Kieran.

297
00:25:29,960 --> 00:25:31,480
Hoxe non me falaches.

298
00:25:31,560 --> 00:25:34,240
Estou rastrexando, preciso concentrarme.

299
00:25:35,840 --> 00:25:38,520
Se che anda algo pola cabeza,
deberías dicilo.

300
00:25:39,120 --> 00:25:40,280
O tipo do barco.

301
00:25:41,400 --> 00:25:42,280
Si?

302
00:25:42,360 --> 00:25:43,280
É que…

303
00:25:44,120 --> 00:25:46,320
É demasiado, sabes?

304
00:25:47,200 --> 00:25:49,040
É para o que nos adestran.

305
00:25:49,120 --> 00:25:50,000
Xa.

306
00:25:53,200 --> 00:25:56,040
Canto antes rematemos,
antes volveremos á casa.

307
00:26:43,080 --> 00:26:46,040
- Colliches polos algunha vez?
- Claro.

308
00:27:00,400 --> 00:27:01,640
Gústache o polo?

309
00:27:03,640 --> 00:27:05,080
Mancheime.

310
00:27:05,160 --> 00:27:06,720
Non me toques con iso, ho.

311
00:27:06,800 --> 00:27:08,040
Que pode ser merda!

312
00:27:08,120 --> 00:27:09,240
Caca de polo.

313
00:27:09,320 --> 00:27:11,200
Volvemos ao que hai que facer?

314
00:27:13,760 --> 00:27:16,000
- Aquel pódelo coller.
- Si.

315
00:27:18,400 --> 00:27:21,680
- Comezan a estar cansos.
- Xa, igual é bo plan.

316
00:27:22,920 --> 00:27:26,160
Acho que hai que rodealos.
Ai, que fillos de pita!

317
00:27:33,080 --> 00:27:34,760
Gústache estar aquí, non si?

318
00:27:39,000 --> 00:27:41,600
É o primeiro lugar onde sinto que encaixo.

319
00:27:45,400 --> 00:27:47,720
É o primeiro lugar onde eu sinto que…

320
00:27:48,720 --> 00:27:49,680
non.

321
00:27:56,200 --> 00:27:57,760
Oes os meus latexos?

322
00:28:01,120 --> 00:28:02,080
Sempre.

323
00:28:03,920 --> 00:28:04,880
Sempre?

324
00:28:07,000 --> 00:28:07,880
Abofé.

325
00:28:20,800 --> 00:28:21,840
Séntelo?

326
00:28:29,360 --> 00:28:30,280
Ben.

327
00:28:33,960 --> 00:28:36,360
- Non por iso…
- Non fai falta dicilo.

328
00:28:38,760 --> 00:28:40,520
Sei quen es, Nathan.

329
00:28:42,920 --> 00:28:44,000
Sempre o souben.

330
00:30:22,320 --> 00:30:23,640
Estás ben?

331
00:30:24,360 --> 00:30:25,920
Estou, si.

332
00:30:31,680 --> 00:30:32,840
Arre demo.

333
00:30:33,360 --> 00:30:34,200
Non pasa nada.

334
00:30:34,280 --> 00:30:35,520
Non digas iso.

335
00:30:38,880 --> 00:30:40,240
Podía…

336
00:30:44,320 --> 00:30:45,480
Vamos.

337
00:30:56,360 --> 00:30:57,880
Que imaxe tan bonita.

338
00:30:58,520 --> 00:31:01,400
Dous amantes novos
de paseo cos paxaros mortos.

339
00:31:07,040 --> 00:31:08,160
Que lle pasa?

340
00:31:08,640 --> 00:31:09,560
Nada.

341
00:31:12,040 --> 00:31:15,320
<i>Faire l'amour. </i>Seica lle deches a lingua.

342
00:31:15,400 --> 00:31:17,280
- Que máis che dá?
- Dáme igual.

343
00:31:28,880 --> 00:31:31,480
- Van facer falta máis polos.
- Zale.

344
00:31:32,320 --> 00:31:33,160
Ese quen é?

345
00:31:34,200 --> 00:31:35,400
Escoura Fairborn.

346
00:31:41,280 --> 00:31:42,280
Benvindos.

347
00:31:43,200 --> 00:31:44,640
Como estás, corazón?

348
00:31:46,560 --> 00:31:48,320
Benvindo á casa, papá.

349
00:31:50,040 --> 00:31:51,080
Como o collestes?

350
00:31:51,160 --> 00:31:52,640
Había catro.

351
00:31:52,760 --> 00:31:54,200
- Non digas nada.
- Vale.

352
00:31:54,280 --> 00:31:55,280
En terreo Dupont?

353
00:31:55,360 --> 00:31:58,360
Dous separáronse e deron chegado á raia.

354
00:31:58,440 --> 00:32:00,040
- E?
- Collemos dous.

355
00:32:00,120 --> 00:32:01,920
Que pasou co outro?

356
00:32:02,000 --> 00:32:04,520
Pegou un tiro na boca. Covarde.

357
00:32:10,440 --> 00:32:11,640
Quen é?

358
00:32:17,480 --> 00:32:18,920
Dille quen es.

359
00:32:22,800 --> 00:32:24,040
Son Nathan Edge.

360
00:32:26,840 --> 00:32:28,160
O fillo de Marcus.

361
00:32:34,320 --> 00:32:35,560
É unha honra.

362
00:32:39,440 --> 00:32:40,640
A beber!

363
00:32:51,320 --> 00:32:53,240
- Polos Blood!
- Polos Blood!

364
00:32:55,720 --> 00:32:56,880
Papá.

365
00:32:59,360 --> 00:33:02,680
Eles fanse chamar… os Fairborn.

366
00:33:03,680 --> 00:33:04,760
E a nós…

367
00:33:05,360 --> 00:33:07,120
chámannos bárbaros.

368
00:33:08,520 --> 00:33:10,800
Pero son eles os que veñen aquí,

369
00:33:10,880 --> 00:33:13,160
queimarnos as casas e matar os nosos.

370
00:33:15,080 --> 00:33:16,120
Á noite,

371
00:33:17,160 --> 00:33:20,680
este Fairborn será devolto á natureza.

372
00:33:21,280 --> 00:33:22,960
A súa maxia será liberada

373
00:33:23,040 --> 00:33:25,240
e o seu espírito poderá elevarse.

374
00:33:44,120 --> 00:33:46,160
Pase o que pase, mírao.

375
00:33:54,120 --> 00:33:55,720
Que raio pasa?

376
00:33:57,560 --> 00:33:59,320
Non!

377
00:34:05,440 --> 00:34:06,840
Prégovolo!

378
00:34:08,360 --> 00:34:11,720
Non! Prégovolo, non!

379
00:35:36,640 --> 00:35:39,880
Que o seu don viva
no sangue dos nosos nenos.

380
00:35:41,680 --> 00:35:43,600
Xa forma parte do noso futuro.

381
00:36:14,560 --> 00:36:15,760
Que pasa?

382
00:36:17,080 --> 00:36:19,520
Nunca viras un Fairborn morrer?

383
00:36:22,120 --> 00:36:25,320
Un home morrer esmagado
e que logo lle coman o corazón?

384
00:36:26,920 --> 00:36:28,720
Pois a verdade é que non.

385
00:36:30,600 --> 00:36:31,680
Hai que marchar.

386
00:36:32,840 --> 00:36:34,960
Nathan?

387
00:36:36,000 --> 00:36:37,040
Nathan!

388
00:36:37,120 --> 00:36:38,680
- Mi madriña!
- Nathan?

389
00:36:39,720 --> 00:36:40,560
Estás ben?

390
00:36:40,640 --> 00:36:42,160
Que pasa?

391
00:36:43,920 --> 00:36:45,560
Canto hai destas marcas?

392
00:36:46,600 --> 00:36:47,480
Catro días.

393
00:36:48,040 --> 00:36:50,200
Lucy, vai ao almacén.

394
00:36:50,280 --> 00:36:54,280
Trae cinzas e arsénico. E ron, se queda.

395
00:37:10,800 --> 00:37:11,640
Nathan.

396
00:37:11,720 --> 00:37:13,120
É un Frasco de Bruxo.

397
00:37:14,200 --> 00:37:15,160
Un que?

398
00:37:15,800 --> 00:37:19,840
Un feitizo parasito que se fai
para roubarlle o poder a un bruxo.

399
00:37:19,920 --> 00:37:20,840
Nathan!

400
00:37:21,400 --> 00:37:23,440
Require dúas mortes.

401
00:37:23,520 --> 00:37:26,000
Unha na familia do bruxo que fai o feitizo

402
00:37:26,080 --> 00:37:28,680
e outra, na do bruxo ao que se lle fai.

403
00:37:29,200 --> 00:37:30,240
Nathan!

404
00:37:31,040 --> 00:37:32,080
Os ingredientes?

405
00:37:32,160 --> 00:37:33,360
Non atopei nada.

406
00:37:34,480 --> 00:37:35,640
Está empeorando.

407
00:37:46,400 --> 00:37:47,320
Merda.

408
00:37:47,400 --> 00:37:48,560
Ti quen demo es?

409
00:37:48,640 --> 00:37:51,320
Chámome Ceelia Bennet,
do Consello Fairborn.

410
00:37:51,800 --> 00:37:55,200
Non vou armada. Vin por Nathan e Annalise.

411
00:37:55,280 --> 00:37:56,880
Queres a Nathan?

412
00:37:56,960 --> 00:37:58,160
Velaquí o tes.

413
00:38:03,440 --> 00:38:05,480
Annalise, tes que vir comigo.

414
00:38:06,200 --> 00:38:07,160
Soul agarda.

415
00:38:07,240 --> 00:38:09,160
Non, isto fíxoo el.

416
00:38:11,720 --> 00:38:14,960
Dille que… non o quero volver ver.

417
00:38:16,040 --> 00:38:18,920
Dinos por que non deberiamos matarte.

418
00:38:19,000 --> 00:38:21,000
Porque non vin soa.

419
00:38:24,000 --> 00:38:26,000
Porque a casa está rodeada.

420
00:38:27,320 --> 00:38:30,960
Se non se resolve pacificamente,
resolverase pola forza.

421
00:38:34,640 --> 00:38:37,880
Vés a miña casa e ameazas a miña familia?

422
00:38:40,720 --> 00:38:45,280
Veño á túa casa para avisar a túa familia.

423
00:38:47,360 --> 00:38:48,280
Marcha.

424
00:38:49,320 --> 00:38:50,760
Lisca.

425
00:38:54,320 --> 00:38:55,360
Fóra.

426
00:39:04,200 --> 00:39:05,360
Non vexo ninguén.

427
00:39:08,240 --> 00:39:09,440
Xa chegarán.

428
00:39:15,480 --> 00:39:16,760
Non aceptaron?

429
00:39:17,760 --> 00:39:19,480
- E Soul?
- Con Jessica.

430
00:39:20,400 --> 00:39:23,160
Buscarei a Simone.
Imos precisar un menciñeiro.

431
00:39:27,520 --> 00:39:30,480
Que ninguén dispare
se eles non abren fogo.

432
00:39:33,560 --> 00:39:35,720
<i>Todas as unidades en posición.</i>

433
00:39:39,800 --> 00:39:41,920
Es Fairborn, non si?

434
00:39:42,560 --> 00:39:44,640
Deberiamos darlle a moza.

435
00:39:45,240 --> 00:39:46,320
É unha deles.

436
00:39:46,400 --> 00:39:47,880
Está claro que non é tal.

437
00:39:48,760 --> 00:39:49,600
Abofé que é.

438
00:39:49,680 --> 00:39:50,760
Calade!

439
00:39:50,840 --> 00:39:52,120
Hai que centrarse.

440
00:39:55,160 --> 00:39:58,720
Somos Bruxos Blood!

441
00:39:58,800 --> 00:40:02,280
Os nosos poderes
e a nosa vontade son máis fortes.

442
00:40:03,680 --> 00:40:05,880
Polos amigos na mesa,

443
00:40:06,560 --> 00:40:08,640
os inimigos na escuridade

444
00:40:08,720 --> 00:40:11,840
e os nosos amados que os cazan.
Polos Blood!

445
00:40:12,440 --> 00:40:14,120
- Polos Blood!
- Polos Blood!

446
00:40:14,200 --> 00:40:15,920
Non teñas medo, pequena.

447
00:40:16,000 --> 00:40:17,200
Non teño, papá.

448
00:40:22,640 --> 00:40:23,600
Non!

449
00:40:31,640 --> 00:40:33,600
Nathan!

450
00:41:19,080 --> 00:41:20,640
Non!

451
00:41:29,160 --> 00:41:30,200
Mi madriña!

452
00:41:35,720 --> 00:41:38,480
Nathan!

453
00:41:43,440 --> 00:41:45,720
Sylvie, o barco. Vamos!

454
00:41:46,240 --> 00:41:51,080
Odette, ven. Axúdame coa trapela. Axiña!

455
00:41:53,920 --> 00:41:55,080
Non! Abaixo!

456
00:41:56,320 --> 00:41:58,120
Non!

457
00:41:59,960 --> 00:42:01,280
Hai que marchar.

458
00:42:02,400 --> 00:42:04,200
Vamos, cólleo polas pernas.

459
00:42:04,280 --> 00:42:06,040
- Vamos.
- Nathan, vamos.

460
00:42:10,400 --> 00:42:12,160
- Sigue, vale?
- Nathan.

461
00:42:12,240 --> 00:42:13,400
Vamos.

462
00:42:13,480 --> 00:42:14,560
Hai que marchar.

463
00:42:15,840 --> 00:42:18,520
A porta!

464
00:42:21,640 --> 00:42:25,720
O barco é por aquí, bulide.

465
00:42:28,520 --> 00:42:33,040
- Alto o fogo! Miña filla está dentro.
- Alto o fogo!

466
00:42:39,680 --> 00:42:41,720
- Chegamos.
- Veña, por favor.

467
00:42:43,120 --> 00:42:44,040
Alto.

468
00:42:44,800 --> 00:42:46,200
Quieta aí.

469
00:42:46,280 --> 00:42:47,200
Estou soa.

470
00:42:48,800 --> 00:42:50,000
Temos que axudalo.

471
00:42:50,600 --> 00:42:53,240
Se che importa, méteo no barco.

472
00:42:53,760 --> 00:42:54,920
Veña, vamos.

473
00:42:56,640 --> 00:42:58,240
Nathan. Móvete.

474
00:43:12,800 --> 00:43:13,840
Annalise.

475
00:43:47,640 --> 00:43:48,720
Annalise?

476
00:43:50,840 --> 00:43:52,040
Annalise está…?

477
00:44:02,680 --> 00:44:04,320
Estamos tan preto.

478
00:45:34,920 --> 00:45:41,320
Subtítulos: Jeiry Castellano

