1
00:00:06,040 --> 00:00:09,880
UNHA SERIE DE NETFLIX

2
00:00:38,040 --> 00:00:41,040
CHAMADA ENTRANTE
AOIFE

3
00:00:41,120 --> 00:00:42,000
Aoife?

4
00:00:42,800 --> 00:00:45,240
Soul, vai todo ben?

5
00:00:45,920 --> 00:00:48,000
<i>Disque os Blood están en marcha.</i>

6
00:00:48,520 --> 00:00:49,600
<i>Onde estades?</i>

7
00:00:54,360 --> 00:00:56,200
Ao leste de territorio Ozanne.

8
00:00:56,720 --> 00:00:58,120
<i>E o rapaz de Marcus?</i>

9
00:01:01,000 --> 00:01:01,880
Desaparecido.

10
00:01:03,160 --> 00:01:04,080
Por agora.

11
00:01:04,600 --> 00:01:06,440
<i>Cantos sodes aí?</i>

12
00:01:06,520 --> 00:01:07,400
Quedamos oito.

13
00:01:08,040 --> 00:01:11,040
Oito non dá para moito,
os Blood irán por vós.

14
00:01:11,120 --> 00:01:12,440
Non me dan medo.

15
00:01:13,400 --> 00:01:14,560
<i>Xa non.</i>

16
00:01:16,440 --> 00:01:17,840
Que veñan.

17
00:01:19,080 --> 00:01:20,280
Que veña.

18
00:01:21,120 --> 00:01:22,880
Cheguei a Wolfhagen.

19
00:01:23,920 --> 00:01:26,320
Aquí temos xente, armas e provisións.

20
00:01:26,400 --> 00:01:27,920
Podemos axudar.

21
00:01:28,520 --> 00:01:29,480
Si.

22
00:01:30,480 --> 00:01:32,760
Que remate onde comezou.

23
00:01:34,760 --> 00:01:36,440
Imos acurralar ese covarde

24
00:01:37,320 --> 00:01:41,080
e vai saber o que é morrer lonxe da casa.

25
00:01:49,120 --> 00:01:52,080
Pensas que non teño poder
para enfrontarme a el?

26
00:01:56,720 --> 00:01:58,120
Penso que o terás.

27
00:02:27,520 --> 00:02:29,360
Valo buscar, non si?

28
00:02:30,040 --> 00:02:31,160
Vou contigo.

29
00:02:33,400 --> 00:02:34,640
Será perigoso.

30
00:02:36,000 --> 00:02:37,560
Pois non deberías ir soa.

31
00:02:57,480 --> 00:02:58,320
Estás ben?

32
00:02:59,080 --> 00:03:00,760
E Bjorn e o resto?

33
00:03:01,400 --> 00:03:03,040
Presos nun dos pendellos.

34
00:03:03,520 --> 00:03:04,360
Están vivos?

35
00:03:04,960 --> 00:03:05,800
Claro que si.

36
00:03:07,120 --> 00:03:10,120
E os outros prisioneiros?
O rapaz da Entrega?

37
00:03:11,640 --> 00:03:14,240
Mataron o seu avó cando tentaba fuxir.

38
00:03:15,640 --> 00:03:20,320
Pensei que usando o meu poder
podería converterme nel.

39
00:03:21,240 --> 00:03:23,080
Completar a cerimonia.

40
00:03:23,600 --> 00:03:25,040
Pagaba a pena tentalo.

41
00:03:27,280 --> 00:03:29,200
Xa non sei que facemos aquí.

42
00:03:30,000 --> 00:03:32,200
Soul ten outras ordes para ti.

43
00:03:32,280 --> 00:03:34,280
Quere que rastrexes a Annalise.

44
00:03:35,040 --> 00:03:35,880
Que a traias.

45
00:03:35,960 --> 00:03:38,760
Podes coller unha bici e seguir o rastro.

46
00:03:43,840 --> 00:03:45,320
Nós imos a Wolfhagen.

47
00:03:46,640 --> 00:03:47,760
Sabes onde queda?

48
00:04:10,240 --> 00:04:12,560
Trae a Annalise o antes posible.

49
00:05:03,480 --> 00:05:04,680
Onde está Annalise?

50
00:05:05,200 --> 00:05:06,440
Annalise!

51
00:05:08,200 --> 00:05:09,280
Annalise!

52
00:05:10,000 --> 00:05:11,800
Gastas saliva.

53
00:05:15,160 --> 00:05:16,720
Marchou con Ceelia.

54
00:05:17,680 --> 00:05:18,640
Como o sabes?

55
00:05:20,120 --> 00:05:21,400
Vinas marchar.

56
00:05:21,920 --> 00:05:24,640
E non tentaches detelas?
Non me espertaches?

57
00:05:24,720 --> 00:05:28,040
Non o fixen porque sei
que quererías marchar canda elas.

58
00:05:28,120 --> 00:05:28,960
E?

59
00:05:29,040 --> 00:05:32,360
E fas 17 dentro de dous días,

60
00:05:32,440 --> 00:05:34,400
e xa vimos o que pasa cos Blood

61
00:05:34,480 --> 00:05:36,840
que non completan a súa cerimonia.

62
00:05:38,600 --> 00:05:39,520
Mira.

63
00:05:41,440 --> 00:05:44,200
Ela quixo marchar, é asunto seu.

64
00:05:44,960 --> 00:05:47,480
O meu asunto segue aquí, contigo.

65
00:05:51,280 --> 00:05:52,160
De acordo.

66
00:05:53,920 --> 00:05:55,320
Pois acabemos con isto.

67
00:06:08,120 --> 00:06:10,280
<i>Que facemos cando vexamos o meu pai?</i>

68
00:06:10,760 --> 00:06:11,960
<i>Vou falar con el.</i>

69
00:06:12,440 --> 00:06:15,560
<i>Vou tentar levalo</i>
<i>para o Consello Fairborn.</i>

70
00:06:16,040 --> 00:06:17,680
<i>Pola forza, se for preciso.</i>

71
00:06:18,160 --> 00:06:20,160
<i>Coidas que podes facelo soa?</i>

72
00:06:20,640 --> 00:06:22,360
<i>Non estou soa, non?</i>

73
00:06:22,440 --> 00:06:23,640
<i>Téñote a ti</i>.

74
00:06:29,120 --> 00:06:30,400
Que tes na cabeza?

75
00:06:32,320 --> 00:06:34,760
- Vaiche parecer unha parvada.
- Proba.

76
00:06:37,280 --> 00:06:38,440
De acordo.

77
00:06:39,200 --> 00:06:41,840
Síntome coma se…

78
00:06:42,920 --> 00:06:45,120
estivese a perder algo que,

79
00:06:45,200 --> 00:06:49,160
non sei, se cadra nin sequera é meu.

80
00:06:49,240 --> 00:06:51,080
Coma se me aferrase a algo

81
00:06:51,680 --> 00:06:53,480
que igual non é nada.

82
00:06:53,560 --> 00:06:55,640
- Falas de Nathan.
- Si.

83
00:06:56,640 --> 00:06:57,720
Volverémolo ver.

84
00:06:57,800 --> 00:06:59,960
Non o sabes seguro.

85
00:07:00,640 --> 00:07:01,720
Non.

86
00:07:03,040 --> 00:07:06,000
É que pensara que ao final
seriamos eu e mais el.

87
00:07:06,960 --> 00:07:08,720
É unha parvada enorme, non é?

88
00:07:09,720 --> 00:07:10,760
Non.

89
00:07:12,480 --> 00:07:15,280
Aos 13 medía 1,80 metros.

90
00:07:17,160 --> 00:07:22,320
Máis grande e forte que calquera rapaz
e que a maioría de profesores.

91
00:07:23,920 --> 00:07:27,240
Inclinábame para falar coa xente,

92
00:07:27,720 --> 00:07:30,840
saltaba a comida para non seguir medrando.

93
00:07:31,440 --> 00:07:36,040
E estaba certa

94
00:07:37,360 --> 00:07:40,000
de que ía pasar o resto da vida soa.

95
00:07:41,560 --> 00:07:45,360
Pero houbo homes e mulleres,

96
00:07:46,600 --> 00:07:48,360
amigos e amantes,

97
00:07:49,160 --> 00:07:50,720
e co tempo…

98
00:07:54,160 --> 00:07:56,360
comecei a estar a gusto na miña pel.

99
00:07:58,440 --> 00:08:00,280
Pensar na xente que queres

100
00:08:00,880 --> 00:08:03,840
non é unha parvada
nin banal nin un pasatempo.

101
00:08:05,800 --> 00:08:07,040
É todo.

102
00:08:09,720 --> 00:08:12,480
É o sentido de cada puta cousa.

103
00:08:14,440 --> 00:08:15,360
De acordo.

104
00:08:17,440 --> 00:08:18,480
Grazas.

105
00:08:43,680 --> 00:08:46,040
É incrible que marchara sen despedirse.

106
00:08:47,400 --> 00:08:50,200
Ela ten o seu camiño e ti o teu.

107
00:08:50,880 --> 00:08:52,680
Cómpre seguir cadanseu camiño.

108
00:08:54,480 --> 00:08:56,680
Agora es o puto Yoda ou que?

109
00:08:56,760 --> 00:08:57,600
Quen?

110
00:08:59,840 --> 00:09:01,720
Mi madriña, tanto ten.

111
00:09:02,840 --> 00:09:04,280
Estraño estar no barco.

112
00:09:04,360 --> 00:09:05,960
Camiñábase menos.

113
00:09:06,040 --> 00:09:07,680
Laiábase menos.

114
00:09:08,520 --> 00:09:11,960
- Cóntoche a teoría de <i>O Señor dos Aneis</i>?
- Claro.

115
00:09:12,040 --> 00:09:14,600
A ver, <i>O Señor dos Aneis</i>, si?

116
00:09:15,080 --> 00:09:18,480
As pelis sobre o tipo baixiño
que se obsesiona cun anel.

117
00:09:18,560 --> 00:09:21,480
- Coñezo <i>O Señor dos Aneis.</i>
Non coñecías a Yoda.

118
00:09:22,040 --> 00:09:22,880
Vai ao gran.

119
00:09:22,960 --> 00:09:26,000
Pois, a Irmandade, sabes?

120
00:09:26,760 --> 00:09:29,440
Os hobbits, elfos, ananos e todo o resto

121
00:09:29,520 --> 00:09:32,520
parten nesta gran misión
e enfróntanse cos orcos,

122
00:09:32,600 --> 00:09:34,680
viven batallas e aventuras, non?

123
00:09:34,760 --> 00:09:35,920
Si.

124
00:09:36,000 --> 00:09:37,360
E todo o tempo din:

125
00:09:37,440 --> 00:09:39,960
"Que ben cando rematemos a viaxe

126
00:09:40,040 --> 00:09:43,240
e todo saia ben
e non queden orcos cos que loitar."

127
00:09:43,880 --> 00:09:44,720
Vale.

128
00:09:44,800 --> 00:09:47,160
Pero parece como se loitar contra orcos

129
00:09:47,800 --> 00:09:50,800
e vivir aventuras é o que lles gustase.

130
00:09:50,880 --> 00:09:55,920
Se lles sacas iso,
en realidade, non son nada.

131
00:09:56,000 --> 00:09:58,800
É coma se non se quixesen
desfacer do anel,

132
00:09:58,880 --> 00:10:01,440
porque unha vez feito, tornan á casa.

133
00:10:01,520 --> 00:10:04,920
Acabouse a diversión.
O final feliz non é tan feliz.

134
00:10:06,680 --> 00:10:09,080
Frodo xa non queda cos amigos.

135
00:10:09,160 --> 00:10:11,160
Queda na Comarca a facer pallas

136
00:10:11,240 --> 00:10:13,600
pensando en todas as cholas de Gimli.

137
00:10:13,680 --> 00:10:16,040
Pois igual non che vin esta peli.

138
00:10:16,120 --> 00:10:17,880
Pero pillas o que digo, non?

139
00:10:18,480 --> 00:10:21,600
En plan… mesmo cando algo
parece malo todo o tempo,

140
00:10:22,320 --> 00:10:23,600
se cadra, non o era.

141
00:10:23,680 --> 00:10:26,760
Se cadra, os malos tempos eran bos.

142
00:10:30,840 --> 00:10:32,240
É unha boa teoría.

143
00:10:49,840 --> 00:10:50,880
Mira.

144
00:11:20,920 --> 00:11:21,960
Merda.

145
00:11:40,760 --> 00:11:42,400
Quitáronlle o corazón.

146
00:11:43,280 --> 00:11:45,080
- Vai por Alice.
- Nicky…

147
00:11:45,160 --> 00:11:46,000
Vai buscala.

148
00:12:16,480 --> 00:12:17,600
Unha nigromante.

149
00:12:18,480 --> 00:12:21,960
Aberto ao descanso,
irmán, tráenos o teu espírito.

150
00:12:22,440 --> 00:12:25,600
Tráenos o teu espírito,
irmán, e faino axiña.

151
00:12:26,200 --> 00:12:29,280
Aberto ao descanso,
irmán, tráenos o teu espírito.

152
00:12:29,760 --> 00:12:33,560
Tráenos o teu espírito,
irmán, e faino axiña.

153
00:12:37,840 --> 00:12:38,920
<i>Que fixeches?</i>

154
00:12:39,000 --> 00:12:40,720
<i>O preciso.</i>

155
00:12:46,960 --> 00:12:47,920
Irmán.

156
00:12:49,680 --> 00:12:51,680
Que escoitaches na escuridade?

157
00:12:53,840 --> 00:12:57,040
Gritos, choros.

158
00:12:58,560 --> 00:13:00,320
Dor e medo.

159
00:13:00,880 --> 00:13:02,360
Eras ti, irmán.

160
00:13:04,200 --> 00:13:05,480
Pero despois?

161
00:13:07,040 --> 00:13:08,520
Cando chegaron as tebras?

162
00:13:11,400 --> 00:13:12,920
Que dixeron?

163
00:13:15,640 --> 00:13:17,400
Wolfhagen.

164
00:13:53,720 --> 00:13:54,640
É isto?

165
00:13:54,720 --> 00:13:55,640
É, si.

166
00:13:56,120 --> 00:13:57,600
Non parece moita cousa.

167
00:13:58,240 --> 00:13:59,520
É a intención.

168
00:14:01,960 --> 00:14:03,800
Como funciona, logo?

169
00:14:03,880 --> 00:14:09,080
É como unha estación de tren.
Só temos que atopar a nosa plataforma.

170
00:14:09,160 --> 00:14:11,240
Así si.

171
00:14:20,240 --> 00:14:22,160
Onde estarán Annalise e Ceelia?

172
00:14:23,040 --> 00:14:24,440
Imposible sabelo.

173
00:14:25,040 --> 00:14:26,640
Só che pregunto o que cres.

174
00:14:26,720 --> 00:14:30,040
Creo que é imposible sabelo.

175
00:14:32,200 --> 00:14:33,440
Queres un?

176
00:14:40,520 --> 00:14:41,560
Hai que dicir…

177
00:14:45,160 --> 00:14:46,840
Iso é normal?

178
00:14:47,440 --> 00:14:48,360
É.

179
00:14:52,200 --> 00:14:53,120
Mimá.

180
00:14:56,760 --> 00:14:58,600
Podes ir a calquera sitio?

181
00:14:59,080 --> 00:15:00,720
Mentres haxa Fenda, si.

182
00:15:01,680 --> 00:15:04,480
O número de aí coincide co de acá.

183
00:15:05,720 --> 00:15:07,960
Aí está Mercury. Once.

184
00:15:09,760 --> 00:15:11,760
A torre que pasamos de camiño.

185
00:15:13,040 --> 00:15:15,320
E mira aquí. O de París.

186
00:15:16,720 --> 00:15:19,000
Mandámoslle unha copa rápida no bar?

187
00:15:20,040 --> 00:15:21,280
Tentador.

188
00:15:23,800 --> 00:15:24,840
Que foi iso?

189
00:15:35,320 --> 00:15:37,840
Nathan, non saias.

190
00:15:39,280 --> 00:15:40,440
Vou botar un ollo.

191
00:15:57,000 --> 00:15:58,800
Tentamos axudarvos.

192
00:15:59,680 --> 00:16:00,920
Nathan, agarda!

193
00:16:02,760 --> 00:16:04,000
Non me atacaba.

194
00:16:26,640 --> 00:16:27,480
É Jessica.

195
00:16:29,200 --> 00:16:30,200
Quere…

196
00:16:31,000 --> 00:16:32,680
- Quere…
- Que?

197
00:16:32,760 --> 00:16:34,400
Que quere?

198
00:16:35,680 --> 00:16:37,720
Quere ferir…

199
00:16:38,600 --> 00:16:39,440
a Annalise.

200
00:16:40,760 --> 00:16:41,880
Non…

201
00:16:42,720 --> 00:16:43,920
Non vaiades…

202
00:16:47,480 --> 00:16:49,000
Que non vaiamos onde?

203
00:16:54,560 --> 00:16:55,400
Wolf.

204
00:17:01,400 --> 00:17:05,240
Eu…

205
00:17:05,880 --> 00:17:09,520
só quería facer algo bo.

206
00:17:20,640 --> 00:17:24,600
Non.

207
00:17:26,720 --> 00:17:29,720
Basta.

208
00:17:29,800 --> 00:17:32,560
Basta! Xa foi, vale?

209
00:17:34,520 --> 00:17:35,560
Xa foi.

210
00:17:58,520 --> 00:17:59,800
Mateino.

211
00:18:01,640 --> 00:18:03,440
Que tentaba dicir?

212
00:18:04,720 --> 00:18:08,680
Dixo que Jessica quería a Annalise.

213
00:18:11,960 --> 00:18:15,320
Dixo: "Annalise, non vaiades a Wolf."

214
00:18:16,520 --> 00:18:17,400
Corre perigo.

215
00:18:18,280 --> 00:18:19,600
Xa, Wolf…

216
00:18:20,480 --> 00:18:22,400
Se cadra, referíase a teu pai.

217
00:18:22,480 --> 00:18:23,560
Non.

218
00:18:25,400 --> 00:18:26,560
Non tal.

219
00:18:32,200 --> 00:18:34,320
Chamábanlle Beef.

220
00:18:34,400 --> 00:18:37,800
E era do irmán do amigo de meu irmán.

221
00:18:37,880 --> 00:18:39,880
E xa non o querían,

222
00:18:40,560 --> 00:18:42,600
así que o cambiei por un iPhone 8,

223
00:18:42,680 --> 00:18:47,240
porque ía comprar o novo
e miña nai alporizouse toda

224
00:18:47,320 --> 00:18:48,680
cando o levei á casa.

225
00:18:49,400 --> 00:18:52,160
Aprendinlle a pórse
a dúas pernas e comer uvas.

226
00:18:52,240 --> 00:18:54,560
Non sabía que as ratas comían uvas.

227
00:18:54,640 --> 00:18:56,480
E despois fixéchelo estoupar?

228
00:18:56,560 --> 00:18:58,960
- Si.
- E.P.D., Beef.

229
00:18:59,520 --> 00:19:00,920
E.P.D., Beef.

230
00:19:02,560 --> 00:19:03,680
Que fas?

231
00:19:03,760 --> 00:19:04,840
Que fas?

232
00:19:04,920 --> 00:19:06,040
Fóra do coche.

233
00:19:06,520 --> 00:19:07,360
Ceelia.

234
00:19:08,040 --> 00:19:10,600
- Falas francés?
- Non abondo para un rapto.

235
00:19:10,680 --> 00:19:12,800
Non, que facedes?

236
00:19:12,880 --> 00:19:15,400
<i>Je ne regrette rien. </i>O teu coche.

237
00:19:16,560 --> 00:19:17,480
Vamos.

238
00:19:17,560 --> 00:19:18,680
- É roubo.
- Perdón.

239
00:19:18,760 --> 00:19:19,640
Que?

240
00:19:19,720 --> 00:19:20,960
Arranca.

241
00:19:21,040 --> 00:19:23,720
Perdón! Sentímolo!

242
00:19:25,560 --> 00:19:27,640
Veña, ho. A quen se lle conte…

243
00:19:28,840 --> 00:19:30,480
Síntome moi culpable.

244
00:19:30,560 --> 00:19:33,680
Se é o peor que fas hoxe,
considérate afortunada.

245
00:19:36,840 --> 00:19:37,800
Toma.

246
00:19:38,640 --> 00:19:40,480
Chama o teu pai, localízao.

247
00:19:45,280 --> 00:19:46,520
Non sei se podo.

248
00:19:48,480 --> 00:19:50,120
Sé neutral.

249
00:19:51,160 --> 00:19:52,520
Pescuda onde está.

250
00:20:15,880 --> 00:20:18,040
- Imos pór combustible.
- Bulide.

251
00:20:21,040 --> 00:20:22,120
Vixiade a estrada.

252
00:20:25,080 --> 00:20:27,120
Repoñede, cinco minutos.

253
00:20:31,360 --> 00:20:33,040
<i>Papá, son eu.</i>

254
00:20:35,960 --> 00:20:38,440
Annalise, onde estás? Estás ben?

255
00:20:39,280 --> 00:20:41,800
<i>Si, vou en coche. Temos que falar.</i>

256
00:20:42,760 --> 00:20:43,760
<i>Onde estás?</i>

257
00:20:45,600 --> 00:20:48,480
De camiño a algures seguro.
Estás con Kieran?

258
00:20:49,840 --> 00:20:54,560
Kieran, non. Estou… soa.

259
00:20:56,640 --> 00:20:59,680
Tes que vir onda min.
Non é seguro que andes por aí.

260
00:20:59,760 --> 00:21:02,680
<i>Si, vou. Estou de camiño, dime onde estás.</i>

261
00:21:03,800 --> 00:21:05,880
É un bastión Fairborn, Wolfhagen.

262
00:21:05,960 --> 00:21:09,080
- Chegaremos á noitiña.
- <i>Wolfhagen? Que é…?</i>

263
00:21:12,520 --> 00:21:13,520
En marcha!

264
00:21:15,400 --> 00:21:17,400
Movédevos. Dixen que marchamos.

265
00:21:30,400 --> 00:21:32,880
Ceelia faloume deste lugar, Wolfhagen.

266
00:21:32,960 --> 00:21:34,160
É onde meu pai…

267
00:21:34,640 --> 00:21:36,640
Onde aconteceu a Masacre da Paz.

268
00:21:37,280 --> 00:21:39,240
Está en perigo, temos que axudar.

269
00:21:39,320 --> 00:21:41,360
- Non hai tempo.
- Está xusto aí.

270
00:21:41,440 --> 00:21:43,800
Temos un día, estamos?

271
00:21:44,760 --> 00:21:47,720
Así que imos onda Mercury,
conseguímosche o sangue

272
00:21:47,800 --> 00:21:50,080
e salvámosche a vida, punto.

273
00:21:53,640 --> 00:21:55,320
E se non paga a pena?

274
00:21:58,280 --> 00:21:59,320
Para min, si.

275
00:22:16,960 --> 00:22:18,400
Listo, grazas.

276
00:22:24,840 --> 00:22:25,960
Onde está a Fenda?

277
00:22:26,960 --> 00:22:27,960
Por aí.

278
00:22:34,880 --> 00:22:36,040
Arre carallo.

279
00:22:59,280 --> 00:23:00,360
Á de tres?

280
00:23:02,000 --> 00:23:04,000
Olla para min.

281
00:23:05,160 --> 00:23:07,160
Podes facelo, vale?

282
00:23:08,640 --> 00:23:11,040
Ás veces, os malos tempos son os bos.

283
00:23:11,840 --> 00:23:12,720
Lembras?

284
00:23:15,760 --> 00:23:16,600
Lembro.

285
00:23:45,000 --> 00:23:45,840
Síntoo.

286
00:23:54,280 --> 00:23:55,880
Parvo de merda.

287
00:24:21,800 --> 00:24:23,360
13
TRATAMENTO TÉRMICO

288
00:24:28,520 --> 00:24:29,480
Xenial.

289
00:24:46,200 --> 00:24:47,440
Por favor, ten razón.

290
00:25:02,160 --> 00:25:03,160
Merda.

291
00:25:15,880 --> 00:25:17,880
Vale, ben.

292
00:25:23,080 --> 00:25:25,960
PROPIEDADE PRIVADA
PROHIBIDO O PASO

293
00:25:48,240 --> 00:25:49,680
Debemos andar preto.

294
00:25:50,280 --> 00:25:52,000
Chegaremos á noitiña.

295
00:25:57,720 --> 00:25:58,840
Que pasa?

296
00:25:59,320 --> 00:26:01,760
Dous Fairborn. Preto.

297
00:26:02,560 --> 00:26:03,480
Vamos.

298
00:26:21,040 --> 00:26:23,440
Ao chegar, déixasme falar antes con el?

299
00:26:23,520 --> 00:26:25,560
Antes de bateres xente, xa sabes.

300
00:26:26,160 --> 00:26:27,160
Non che sei, non.

301
00:26:27,760 --> 00:26:29,240
Coido que me escoitará

302
00:26:29,720 --> 00:26:31,200
e poderemos razoar.

303
00:26:31,280 --> 00:26:33,520
Sigo sendo a súa filla. E el, meu pai.

304
00:26:34,800 --> 00:26:36,280
Merda!

305
00:26:37,160 --> 00:26:38,080
Merda!

306
00:26:38,160 --> 00:26:39,080
Bulide, veña.

307
00:26:39,160 --> 00:26:40,200
Mimá!

308
00:26:40,280 --> 00:26:41,280
Mi madriña!

309
00:26:41,360 --> 00:26:43,000
Merda, Ceelia!

310
00:26:43,080 --> 00:26:46,560
Annalise, marcha!

311
00:27:31,200 --> 00:27:34,200
Ide cagar, Robin Hood
e os seus alegres carallos.

312
00:28:16,680 --> 00:28:18,080
Non hai benvinda?

313
00:28:58,160 --> 00:29:00,400
A fala é prata. O silencio, ouro.

314
00:29:15,800 --> 00:29:18,320
Na casa dourada, os reloxos son de chumbo.

315
00:29:53,280 --> 00:29:55,320
Non ías saudar?

316
00:30:01,720 --> 00:30:02,680
Entón…

317
00:30:04,480 --> 00:30:05,640
Onde está el?

318
00:30:06,960 --> 00:30:07,880
Non viu.

319
00:30:09,000 --> 00:30:11,360
Vaites, que mágoa.

320
00:30:11,880 --> 00:30:14,200
Sen iso, morrerá. Necesítao.

321
00:30:14,720 --> 00:30:17,680
Pero deixei ben claro
que mo tiñan que traer aquí.

322
00:30:19,040 --> 00:30:20,480
Déixame levarllo.

323
00:30:22,200 --> 00:30:23,880
Ai, Gabriel.

324
00:30:26,320 --> 00:30:28,000
Namoraches.

325
00:30:31,160 --> 00:30:32,880
Onde foi?

326
00:30:34,640 --> 00:30:35,760
Wolfhagen.

327
00:30:36,520 --> 00:30:37,960
Wolfhagen?

328
00:30:38,480 --> 00:30:41,960
Non sei se é un lugar
onde alguén querería estar.

329
00:30:42,800 --> 00:30:44,480
Polo que teño entendido,

330
00:30:45,600 --> 00:30:48,720
vaise armar unha boa.

331
00:30:49,720 --> 00:30:52,280
Os lumes xa están ardendo.

332
00:30:53,160 --> 00:30:58,680
E unha vez que comezan a arder,
hai que alimentalos.

333
00:31:00,120 --> 00:31:01,760
Para que non morran.

334
00:31:18,240 --> 00:31:19,320
Onde están todos?

335
00:31:59,200 --> 00:32:00,240
Maeve.

336
00:33:18,320 --> 00:33:22,080
Por favor, non quería facelo.

337
00:33:22,160 --> 00:33:24,960
Dixen que só deberiamos castigala.
Eran ordes.

338
00:33:25,880 --> 00:33:27,680
Non tiñamos outra opción.

339
00:33:28,400 --> 00:33:30,400
Soul, igual deberiamos…

340
00:33:30,480 --> 00:33:32,840
Tráeo para aquí.

341
00:33:33,400 --> 00:33:35,520
Dáme un minuto, por favor.

342
00:33:39,560 --> 00:33:40,400
<i>Aoife?</i>

343
00:33:40,480 --> 00:33:42,880
Soul, vai todo ben?

344
00:33:44,800 --> 00:33:48,200
<i>Seica os Blood están en marcha.</i>
<i>Onde estades?</i>

345
00:33:49,280 --> 00:33:50,720
<i>Ao leste dos Ozanne.</i>

346
00:33:50,800 --> 00:33:52,080
E o rapaz de Marcus?

347
00:33:52,560 --> 00:33:54,400
Desaparecido. Por agora.

348
00:33:54,480 --> 00:33:57,040
<i>- Cantos sodes aí?</i>
Quedamos oito.

349
00:33:57,120 --> 00:34:00,000
Oito non dá para moito,
os Blood irán por vós.

350
00:34:00,080 --> 00:34:01,880
Non me dan medo.

351
00:34:01,960 --> 00:34:04,680
<i>Xa non. Que veñan.</i>

352
00:34:04,760 --> 00:34:07,640
- Basta!
- <i>Que veña.</i>

353
00:34:14,560 --> 00:34:15,960
Deberiamos marchar.

354
00:34:16,040 --> 00:34:17,080
Silencio!

355
00:34:57,600 --> 00:34:59,480
Que mágoa.

356
00:34:59,560 --> 00:35:01,720
Tiña tanto potencial.

357
00:35:02,760 --> 00:35:04,280
Todo perdido.

358
00:35:04,800 --> 00:35:07,720
Dáme o sangue e tráiocho aquí.

359
00:35:08,880 --> 00:35:14,040
Ai, meu querido anxo Gabriel.

360
00:35:16,320 --> 00:35:18,880
Que difícil negarlle
algo a tal perfección.

361
00:35:21,200 --> 00:35:22,600
Dime.

362
00:35:28,920 --> 00:35:30,120
É amor?

363
00:35:37,600 --> 00:35:38,560
Non!

364
00:35:46,080 --> 00:35:46,920
Espera.

365
00:35:49,640 --> 00:35:50,600
Espera.

366
00:35:51,600 --> 00:35:55,920
Ai, iso… Non é nada. Xa cho collo eu.

367
00:36:06,960 --> 00:36:07,960
Que facía…

368
00:36:08,600 --> 00:36:10,520
Ías para a cama, miña rula.

369
00:36:11,160 --> 00:36:13,640
Vés dunha viaxe moi longa.

370
00:36:14,640 --> 00:36:17,040
E estás moi canso.

371
00:36:29,040 --> 00:36:30,120
Gabriel.

372
00:36:32,840 --> 00:36:34,920
Estráñote moito cando marchas.

373
00:36:36,880 --> 00:36:38,920
Prometes ficar un pouco?

374
00:36:41,880 --> 00:36:43,800
Ese é o meu rapaz.

375
00:37:24,320 --> 00:37:28,360
OS MENIÑOS DE ULTRAMAR

376
00:37:55,600 --> 00:37:56,840
Ola, Nathan.

377
00:38:11,760 --> 00:38:12,720
Papá?

378
00:38:15,920 --> 00:38:17,040
Annalise.

379
00:38:19,440 --> 00:38:21,080
Que fas aquí?

380
00:38:22,640 --> 00:38:25,960
- Como? Dixéchesme de vir.
- Non!

381
00:38:29,160 --> 00:38:30,120
Non.

382
00:38:31,680 --> 00:38:33,160
Non debiches vir.

383
00:38:34,480 --> 00:38:35,320
Papá?

384
00:38:41,160 --> 00:38:42,240
Está aquí.

385
00:38:47,800 --> 00:38:49,280
Non debiches vir.

386
00:39:47,920 --> 00:39:54,320
Subtítulos: Jeiry Castellano

